Clemente VIII, antipapa
| Papa do século XIV ó século XV |
|
|---|---|
|
|
| Papas do século XV |
|
|
|
| Papa do século XV ó século XVI |
|
|
|
| Antipapa/s |
|
|
Clemente VIII, nado co nome de Gil Sánchez Muñoz y Carbón en Teruel entre 1369-1370 e falecido en Mallorca o 28 de decembro de 1446, foi un relixioso aragonés.
Traxectoria [editar]
Arcipreste de Teruel e antigo cóengo de Barcelona, foi un antipapa non recoñecido oficialmente da Igrexa Católica, que substituíu a Bieito XIII o 10 de xuño de 1424, mantendo as súas pretensións pontificias ata o 26 de xullo de 1429.
A súa elección foi unha farsa de só tres cardeais, pero Muñoz aceptou e tomou o nome de Clemente VIII. Martiño V ordenou aos bispos de Barcelona e Tortosa que interviñesen para resolver este cisma. A situación perdurou, non obstante, uns anos máis, pois o enfrontamento político entre o papa e o rei aragonés Afonso V polo reino de Nápoles fixo que se mantivese de forma artificial o cisma. O papa enviou como legado a Alfonso de Borja (o futuro papa Calisto III) para negociar co rei o fin do seu apoio ao antipapa. Así, cando o rei Afonso conseguiu que Martiño V fixese tamén concesións (entre as que se incluían as relativas á súa posesión do reino de Nápoles) obrigou a abdicar a Clemente VIII. O último acto desta farsa foi o recoñecemento no castelo de Peñíscola de Martiño V por Clemente VIII, os seus tres cardeais e dignatarios, abandonando o seu nome pontificio e volvendo a tomar o seu nome de bautismo.
Martín V nomeouno entón bispo de Mallorca.