Celestino II, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celestino II (de nome Teobaldo Boccapecci ou Boccapeconai, en latín Thebaldus Buccapecora) foi antipapa o 15 de decembro ou 16 de decembro de 1124. Era considerado o papa lexítimo, pero someteuse ao seu rival Honorio II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pascual II fíxoo cardeal diácono. Foi elixido papa nunha elección confusa e caótica, na cal Teobaldo e outro cardeal, Saxo, eran apoiados pola familia Pierleoni. Durante a investidura de Celestino, Roberto Frangipani e un destacamento de tropas irrompeu pola igrexa e proclamou papa ao cardeal Lamberto Scannaberchi (un erudito). Coa abdicación de Celestino, Scannaberchi converteuse no papa Honorio II, que foi proclamado o 21 de decembro dese ano..