Honorio II, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XI
Antipapas

Honorio II, de nome Pietro Cadalo, nado en Verona cara a 1009 e finado en Roma en 1072, foi antipapa de 1061 até o ano da súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Á morte de Nicolao II, os conselleiros de Henrique IV, daquela con once anos de idade, considerando que, segundo o establecido na Constitutio Lotharii e no Privilegium Ottonianum, o emperador tiña dereito a que toda elección papal contase coa súa aprobación, responderon á elección de Alexandre II, nomeando ao entón bispo de Parma, Pietro Cadalo, que tomará o nome de Honorio II.

Honorio perdeu pronto, en 1062, o devandito apoio, ao sufrir Inés, a nai de Henrique IV e rexente durante a minoría de idade do seu fillo, un golpe de estado polo que se viu obrigada a ceder a rexencia aos arcebispos Anno de Colonia e Adalberto de Bremen que deron as costas ao antipapa.

Posteriormente nun concilio celebrado en Mantua, en 1064, Alexandre II logrou a destitución e excomuñón de Honorio.