Alberte, antipapa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Papas do século XII |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
Alberte foi un bispo e cardeal italiano da diocese de Santa Rufina que foi elixido antipapa en xaneiro de 1101 pola facción imperial de Roma deseguido do arresto e encadeamento do antipapa Teodorico en contraposición ao papa Pascual II. Pouco despois da súa elección unha multitude de xente entrou na igrexa na que se realizara a asemblea que o elixira, Alberte tentou refuxiarse na Basílica de San Marcelo pero foi feito prisioneiro e conducido xunta Pascual II quen o recluíu nunha torre e posteriormente no mosteiro de San Lourenzo de Aversa onde permaneceu como freire ata a súa morte.