Vítor IV Montecelio, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XII
Antipapas

Vítor IV, nado en Tívoli en 1095 e finado en Lucca o 20 de abril de 1164, foi antipapa da Igrexa católica de Roma, entre 1159 e 1164.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido co nome de Octaviano: Ottaviano Crescenzi Ottaviani dei Monticelli en Tívoli, designado para suceder a Anacleto II. Morreu en Lucca o 20 de abril de 1164.

Foi sacerdote cardeal de Santa Cecilia antes de ser elixido como antipapa polos xibelinos en 1159, seguindo á morte do papa Hadrián IV e da elección de Alexandre III. A súa elección foi apoiada polo emperador Federico I Barbarroxa.

Foi descrito por Xoán de Salisbury como elocuente e refinado, pero mesquiño e parsimonioso. Ao ser enviado co cardeal Xordán de Santa Susana como legado papal para convocar a Conrado III de Alemaña a Italia para ser coroado Sacro Emperador Romano, involucrouse nun altercado co seu co-legado e, nas palabras de Salisbury, «fixo da Igrexa un hazmerreír».[1]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Norwich, 149–150 e nota.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]