Kairouan
|
||
|
|
||
Vista de Kairuan |
||
| Inscrición: | 1988 | |
| País: | Tunisia | |
| Localización: | ||
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | (i)(ii)(iii)(v)(vi) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
A cidade de Kairuan Kairouan ou Qairawan (القيروان, a "cidade fortificada" en árabe), a 160 km ao sur de Tunes, tamén coñecida como "a cidade das 50 mesquitas", fundada en 670, floreceu durante a dinastía Aghlábida no século IX. O seu rico patrimonio arquitectónico inclúe a Gran Mesquita, con belas portas talladas en madeira e arabescos de estuco e as 400 columnas de mármore e pórfiro da sala de oracións, con inscricións fenicias, romanas e árabes e a Mesquita das Tres Portas, entre outras. A pesar da transferencia da capital política para Tunes no século XII, Kairouan permaneceu como capital espiritual do Maghreb e en certa forma continúa a selo despois de 13 séculos de cultura islámica, sendo a terceira cidade de pelegrinaxe do Islam tras Meca e Medina[1]. A cidade foi inscrita pola UNESCO en 1988 na lista dos lugares Patrimonio da Humanidade.
A medina, coas súas murallas impoñentes e portas monumentais, alberga belas mesquitas, un antigo pozo e centenas de tendas onde as famosas alfombras de Kairouan, de pura lá, son tecidas e vendidas, así como o artesanado en cobre, latón e dos traxes tradicionais, a “jebba” e o “burnous”, ornamentados ou naturais.
O deseño típico das alfombras de Kairouan chámase “Alloucha” e faise coas cores naturais da lá, cunha bordadura de raias paralelas en padróns xeométricos. A avaliación das alfombras faise segundo a espesura do fío usado e polo número de nós por metro cadrado, sendo o “normal” de 10 a 40 mil nós, “fino” de 65 a 90 mil e “extra fino” de 160 a 500 mil. As alfombras de seda poden ter máis de 500 mil nós por metro cadrado.
En Kairouan tamén se produce unha alfombra tecida, sen nós, a “margoum”, cos típicos deseños xeométricos da cultura bérber, máis leves e nunha multitude de cores.
Índice |
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ Hutchinson Encyclopedia 1996 Edition. 1996. p. páx.572. ISBN 1-85986-107-5.