Federico II de Prusia
Federico II de Prusia, tamén coñecido como Federico II o Grande, nado en Berlín o 24 de xaneiro de 1712 e finado en Potsdam o 17 de agosto de 1786, foi rei de Prusia dende 1746 ata a súa morte.
Traxectoria [editar]
Era fillo de Federico Guillerme I e de Sofía Dorotea de Hannover, pertencentes á dinastía Hohenzollern.
Como rei foi un déspota ilustrado. Está considerado como un dos xenerais máis brillantes da historia, de modo que o mesmo Napoleón Bonaparte se inspirou nas súas campañas militares, coma as da Guerra de Sucesión Austríaca. Tamén se adicou á filosofía, e escribiu múltiples versos e ensaios, coma Anti Maquiavelo ou Historia do meu tempo.
Un forte crecemento demográfico, o desenvolvemento da industria e a mellora do exército forman parte do legado que deixou este rei a Prusia, ademais da anexión de Silesia, Baviera e parte de Polonia.
Morreu sen fillos e sucedeuno o seu sobriño Federico Guillerme II.
| Predecesor: Federico Guillerme I de Prusia |
Rei de Prusia 1740 – 1786 |
Sucesor: Federico Guillerme II de Prusia |