Neuroanatomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VIsión 3D do encéfalo.

A neuroanatomia é o eido da anatomía que estuda a organización anatómica do sistema nervioso, estuda innumerábeis ligazóns anatómicas entre os nervios do cerebro até a rexión periférica do corpo, centrándose en particular na estrutura interna do cerebro. A neuroanatomía comparada é a ciencia que analiza e contrasta os sistemas nerviosos das diferentes especies, dende os máis sinxelos até os mamíferos ou mesmo o ser humano. O primeiro rexistro escrito coñecido dun estudo da anatomía do cerebro humano corresponde a un texto exipcio, o papiro de Edwin Smith. O seguinte avance no desenvolvemento da neuroanatómía foi arredor de mil anos máis tarde, cando Alcmeón concluíu que o cerebro é o que goberna e dirixe ao resto do corpo, e non o corazón coma se pensaba até o momento. Un dos fundadores da neuroanatomía moderna foi o descubridor da neurona, Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel de medicina no ano 1906[1].

Divisións anatómicas do sistema nervioso[editar | editar a fonte]

O sistema nervioso dos vertebrados está constituído polo encéfalo e a medula espiñal (sistema nervioso central, SNC), e polas conexións dos nervios que comunican co resto do corpo (sistema nervioso periférico, SNP).

Sistema nervioso central[editar | editar a fonte]

Sistema nervioso periférico[editar | editar a fonte]

  • Nervios Craneais III a XII.
  • Nervios Espinais (Entre eles destacan 2 plexos no Plexo Braquial e Lumbosacro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neuroanatomía

Notas[editar | editar a fonte]