VIP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

VIP é unha sigla que provén do inglés Very Important Person (que significa Persoa Moi Importante). Emprégase para referirse a persoaxes destacados, como políticos, empresarios, famosos, etc, que asisten a eventos ou a recintos con zonas reservadas (aeroportos, hoteis, estadios, discotecas, concertos, etc), e que requiren dunha atención especial e dun servicio exclusivo.

Así mesmo, existen os pases VIP, que se empregan en inauguracións, presentacións de productos novos ou en festas privadas, e que lle garanten ó portador a consideración de VIP (aínda que non o sexa) no tocante a dereitos de acceso a zonas reservadas e servicios varios (comida, bebida, etc).