Robert Jarni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robert Jarni, nado o 26 de outubro de 1968 en Čakovec, é un futbolista internacional por Croacia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Hajduk Split (1986-91), A.S. Bari (1991-93), Torino (1993-94), Juventus (1994-95), Real Betis (1995-98), Real Madrid (1998-99), Las Palmas (1999-2001) e Panathinaikos (2001-02).

É o xogador con máis encontros internacionais disputados con Croacia, cun total de 81. Destaca sobre todo pola súa achega ó terceiro posto da selección no Mundial de Fútbol Francia 1998.

Robert Jarni xogaba en calquera posición da banda esquerda, destacando pola súa velocidade e precisos centros. Tamén era un gran lanzador de faltas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Perfíl do xogador en Bdfutbol