Estació del Nord (Valencia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
València-Estació del Nord
Estacio del nord valencia.JPG
Fachada da Estació del Nord
Situación Valencia
Servizos Accesible PMR Aparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa Distancia Alaris, Arco, Euromed, Talgo, Trenhotel
Media distancia Liña 1 Rexional País Valenciano Liña 3 Rexional País Valenciano Liña 4 Rexional País Valenciano Liña 5 Rexional País Valenciano Liña 6 Rexional País Valenciano Liña 7 Rexional País Valenciano
Cercanías C-1 light blue.svg C-2 yellow.png C-5 green.png C-6 dark blue.png
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Metro
MetroValencia-logo.gif L1-VAL.gif L3-VAL.gif L5-VAL.gif
BSicon CLRV.svg
Bus
Madrid-MetroEMT.PNG EMT e FGV

Valencia - Estació del Nord ou Valencia - Terme, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valencia e un dos monumentos máis emblemáticos da súa arquitectura civil.

Localización[editar | editar a fonte]

A estación sitúase na rúa de Xàtiva, a carón da estación de metro de Xàtiva, e moi próxima ás de Bailén, Plaça d'Espanya e Alacant (está última aínda en contrución).

Está previsto que o tránsito ferroviario que agora acolla se traslade á nova estación de València-Parc Central, medio quilómetro ao sur da actual, cando o TAV (Tren d'Alta Velocitat) chegue á capital valenciana en ancho internacional (1435 mm), e barállase a posibilidade que o edificio actual se converta nun espazo de ocio, cultural ou museístico.

Fachada da Estació del Nord

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construída entre 1906 e 1917 aproveitando as transformacións urbanísticas da cidade a finais do século XIX para instalarse nun enorme solar que restara libre, xunto a Praza de Touros é só a 250 m do Ajuntament

O edificio, deseñado polo arquitecto Demetri Ribes, relaciónase co estilo modernista vienés denominado Sezession, e especialmente con Otto Wagner, caracterizado polas liñas rectas en contraposición ás formas sinuosas máis propias do Art Nouveau, o modernismo predominante en Francia, Bélxica, Cataluña e o resto de Valencia. Á influencia vienesa engádense, por un lado reminiscencias do gótico perpendicular inglés xunto con algunhas trazas do que mías tarde sería o racionalismo.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O edificio é de planta rectangular e conta con dúas zonas claramente diferenciadas: o gran hangar, de planta igualmente rectangular e pechado con estrutura de arcos articulados de aceiro laminado, e o edificio de viaxeiros propiamente dito o vestíbulo, de planta en U e piares independentes da estrutura do hangar. Na súa construción empregáronse novos materiais introducidos a finais do XIX, como a estrutura metálica en forma de marquesiña. Outra traza típica desta estación modernista é a integración de tódalas artes nunha mesma edificación: enxeñería, escultura, pintura e artes decorativas.

A fachada principal está ritmicamente desenvolvida segundo módulos dun gran esquematismo formal. De predominio horizontal, presenta tres corpos de edificación resaltados en forma de torreóns, situados nos extremos e no centro, que avanzan respecto á liña xeral da fachada e que lembran á torre da Llotja de la Seda, de escasa alzada. Os ritmos verticais nas entrepilastras dos torreóns que non chegan a desequilibrar a horizontalidade xeral. O remate do edificio queda definido por estas entrepilastras e por pináculos terminais de perfil aparentemente ameado.

Detalle da fachada da Estació del Nord
Vestíbulo da estación

En oposición á sobriedade estrutural superponse á fachada unha profusa decoración de elementos cerámicos e temas inspirados na agricultura valenciana, coma motivos vexetais, laranxas e flores de laranxeira, e inclúe as catro barras vermellas sobre fondo de ouro do escudo heráldico da cidade. Este evidencia un trazo significativo da tensión modernista entre a modernidade e a tradición, entre o local e o cosmopolita. A estes elementos de claro valor simbólico se engade a repetición de elementos emblemáticos alusivos á Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, como la estrela de cinco puntas e o aguia, símbolo da velocidade, que remata o corpo central do edificio. A decoración se completa no bloque central por dous mosaicos simetricamente colocados. Os mosaicos son obra do valenciano afincado en Barcelona, Lluís Brú i Salelles[1] e vanse realizar entre 1913 e 1918[2].

No interior do vestíbulo a planta baixa está exclusivamente destinada ao público, mentres que a entreplanta e primeiro andar destínanse a oficinas. Destaca a ornamentación da planta baixa, con cerámicas vidradas, trencadís e un mosaico de Josep Mongrell, pechado por restauración dende fai máis de dúas décadas. A combinación de madeira, vidro e mármore fusionan calidez, transparencia e brillo. Ten unha infinidade de elementos decorativos de cerámica, madeira, metal, vidro e outros materiais. Os zócolos de cada porta ou ventá interior do vestíbulo están feitos de madeira e nos máis altos pódese ler o lema "boa viaxe" en distintos idiomas, entro os cales non está nin o valenciano nin o francés. As súas grandes xanelas presentan unha rosetón na súa parte superior.

Detalle do Vestíbulo
Columna de cerámica escultórica e trencadís
Reloxo do salón principal da Estació del Nord
Kalon Taxidion (boa viaxe) en grego
Detalle floral do Vestíbulo
Detalle do teito do Vestíbulo

A cuberta principal do hangar ou nave central, que cobre as vías, ten forma de arco e guías que representen as vías do tren. Así mesmo, ten unha grande apertura lonxitudinal para tal que escaparan os fumes das máquinas cando estas funcionaban a vapor.

Fachada e teito da Estació del Nord
Oficina de atención ao público
Detalle da oficina de atención ao público

Servizos de transporte que atende a Estació del Nord[editar | editar a fonte]

Cercanias sevilla.png Proximidades Valencia de Renfe
Procedencia/Destino < Liña > Procedencia/Destino
terminal Liña 1 Proximidades Valencia Alfafar-Benetússer Gandía /
Platja i Grau de Gandia
Liña 2 Proximidades Valencia Moixent
Liña 5 Proximidades Valencia València - Font de Sant Lluís Caudiel
Liña 6 Proximidades Valencia Castelló de la Plana
Media Distancia de Renfe
Procedencia/Destino < Liña > Procedencia/Destino
terminal Liña 1 Rexional País Valenciano Xàtiva Alacant
Murcia / Cartaxena
Liña 3 Rexional País Valenciano Xàtiva Albacete
Cidade Real
Liña 4 Rexional País Valenciano Xàtiva Alcoi
Liña 5 Rexional País Valenciano Aldaia Cuenc
Madrid Atocha
Liña 6 Rexional País Valenciano València-Cabanyal Zaragoza
Huesca
Liña 7 Rexional País Valenciano València-Cabanyal Tortosa
Barcelona
Longa Distancia
Tren < Procedencia/Destino Procedencia/Destino > Obervacións
Alaris Alacant Barcelona Un tren diario en cada sentido
Euromed Alacant Barcelona
Arco Sevilla Barcelona
Badaxoz Barcelona
Málaga Barcelona
Almería Barcelona
Granada Barcelona
Talgo Cartagena Montpellier Talgo Mare Nostrum
Talgo Lorca Barcelona
Murcia del Carmen Barcelona
Trenhotel Málaga Barcelona Trenhotel Gibralfaro
Granada Barcelona Trenhotel Gibralfaro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lluís Permanyer. La Vanguardia 19-04-1987. Entrevista a Lluís Bru i Borrell neto de Lluís Bru i Salelles.
  2. Lluís Brú, fragment d'un creador. Aj. d'Esplugues. ISBN 84-609-5719-5. Pàg. 92

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]