Estación de Zaragoza-Delicias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Zaragoza - Delicias»)

Coordenadas: 41°39′31″N 0°54′40″O / 41.658661, -0.9112

Zaragoza–Delicias
Vista exterior da estación
SituaciónZaragoza
Servizosrestauración aparcamiento accesible PMR Venda de billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE, Avant
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD, TRD, Rexional, Intercity, Rexional Exprés
Cercanías (Proximidades Zaragoza)
Intermodalidade
OutrosEstación Central de Autobuses, biZi, TUZSA 34 51 Ci1 Ci2

A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.

É un edificio de grande envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación forma parte dos trazados das seguintes liñas férreas:

Ademais, formaba parte tamén dun pequeno ramal de vía estreita que unía Zaragoza-Delicias con Zaragoza-Cariñena hoxe desmantelado.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o día 7 de maio de 2003, data na cal empezaron a operar na estación os primeiros trens de alta velocidade. O 11 de xuño de 2008, tres días antes do inicio da Exposición Internacional de Zaragoza, as vías 7 e 8 empezaron a recibir os primeiros trens de proximidade da recentemente creada liña C-1 de proximidades Zaragoza. Tras cumprirse dez anos desde a súa inauguración fíxose público que preto de 19 millóns de pasaxeiros.[3]

A estación[editar | editar a fonte]

Estación de Zaragoza-Delicias

Foi proxectada polos arquitectos Carlos Ferrater, José María Valero e Félix Arranz, o enxeñeiro de camiños Juan Calvo e o enxeñeiro de instalacións Juan Broseta, de Enxeñería Proxectos Civís e Tecnolóxicos SA, de Valencia. É unha estación cun grande espazo interior de máis de seiscentos metros de longo por cento oitenta de ancho, configurado por tres vestíbulos que organizan as circulacións dos viaxeiros a través dunha zona de saídas e outra de chegadas e o "transfer", a través dun acceso central subterráneo.

Dispón de 18,8 ha repartidas entre os servizos destinados a visitantes en xeral e os espazos ocupados directamente para funcións de transporte. Só para o transporte ferroviario conta con oito plataformas cunha lonxitude de 400 metros cada unha.

Un dos elementos máis novos deste proxecto é a súa cuberta, que desde a distancia ofrece un perfil insólito cos seus grandes arcos en diagonal sobre o corpo do edificio, unha cuberta de tetraedros que captan a luz e a súa gran dimensión, rememorando unha catenaria investida.

A cuberta principal ten unha superficie de 40.000 m² e está composta por unha malla triangular a modo de taboleiro de xadrez, de triángulos alternos de luz e de sombra, que dotan á estación de luz natural. Na zona central de plataformas a altura do teito chega a ser de 30 metros, nunha zona onde non existe nin un só alicerce que sustente as 4 hectáreas de teito infestado de lucernarios dispostos en forma de malla triangular.

Obtivo o Premio FAD de arquitectura en 2004 e o Premio Brunel no ano 2005 no seu 22ª edición.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona Barcelona-Sants 2 trens diarios por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona Figueres-Vilafant 8 trens diarios por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta Huesca 2 trens diarios por sentido
AVE Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Puertollano · Córdoba Sevilla-Santa Justa 2 trens diarios por sentido
AVE Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Córdoba · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana Málaga-María Zambrano 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
Avant Calatayud Zaragoza-Delicias
22 Rexional Exprés Logroño
Castejón de Ebro
Miraflores
34 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias Móra la Nova
Barcelona-Estació de França
38 Rexional Zaragoza-Delicias Lleida-Pirineus
49 MD Valencia-Estació del Nord
Teruel
Zaragoza-Portillo
55 Rexional Calatayud
Arcos de Jalón
Zaragoza-Delicias
Miraflores
56 Rexional Canfranc
Tardienta
Jaca
Zaragoza-Delicias

Proximidades[editar | editar a fonte]

A estación de Delicias forma parte da liña C-1 da rede de proximidades Zaragoza operada por Renfe.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Zaragoza-Delicias (Est.) Euroferroviarios
  3. «Preto de 19 millóns de viaxeiros utilizaron o AVE en Zaragoza nos seus dez anos de vida»

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]