Torres de Quart
As Torres de Quart ou Porta de Quart é un portal que formaba parte da muralla medieval que envolvía a Ciutat Vella de Valencia, para defendela. Están situades na encrucillada da rúa de Guillem de Castro coa rúa de Quart.
A Porta de Quart debe o seu nome ao feito de que se atopa no camiño que dende o centro da cidade, onde está a Catedral de Valencia, cara Quart de Poblet. Esta porta era o acceso poñente á cidade, o que proviña do oeste e Castela. Despois de ser derrubada a muralla durante a segunda metade do século XIX, portal de Quart queda exento, e pasa a ser coñecido coma as torres de Quart, que é o nome máis empregado hoxe en día para designala.
Historia [editar]
A Porta de Quart foi construída entre 1441 e 1460 polo arquitecto Pere Bonfill, xunto con Tomàs Oller, Francesc Baldomar, Jaume Pérez e Pere Comte. Esta porta, aberta cara o oeste, formaba parte da muralla do século XIV de Valencia, xunto coas Torres de Serrans, abertas cara ao norte, e moitas outras portas que, a diferencia das dúas mencionadas en primeiro lugar, foron derruídas durante a segunda metade do século XIX, co obxectivo de evitar o encorsetamento da cidade e facilitarlle o medre.
A partir do 1626 e até o século XVIII aloxouse no seu interior a cadea de donas. Até o 1874, momento en que a muralla foi derrubada, recibiran tamén o nome de porta de la Calç (da Cal) porque a cal coa que se embranquecían as casas de Valencia entraba por este acceso.
A porta serviu para defender a cidade en diversos episodios bélicos, como a Guerra de Sucesión, la Guerra da Independencia e as revolucións cantonais. Sobre os seus grosos muros aínda se poden observar as pegadas dos impactos provocados polos canóns durante as diversas guerras e revolucións.
No 1931 foron declaradas Conxunto Histórico-Artístico e son mencionadas na lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico español. Durante o 2007 fixéronse traballos de restauración, despois de décadas nas que se ennegreceran a causa do incesante tránsito que circula pola rúa de Guillem de Castro.
Arquitectura [editar]
O seu estilo arquitectónico é gòtico tardo-militar, que se inspira e imita a porta ou arco do triunfo do Castelo Novo ou Maschio Angioino de Nápoles, deseñado polo mallorquino Guillem Sagrera e onde interviñeron outros mestres da Coroa de Aragón cando Nápoles foi conquistada polas tropas de Alfons el Magnànim.
A diferencia das hexagonais Torres de Serrans, as de Quart presentan unha planta cilíndrica cara o exterior da cidade. O corpo da porta está recheo de cachotaría de cal e croios polo sistema de encaixonamento, con perpiaños (pedra de cantaría) nos recunchos, os arcos e o corpo superior.
Presentan escasa decoración. Destaca na parte baixa unha moldura que remata cara ao chan en parede vertical en forma de noiro inclinado, e na parte superior as ameas que coroan as dúas torres, o acceso ás cales faise por sendas escaleiras de caracol. Entre as dúas torres hai, na parte do alto, un balcón corrido ameado, e na parte inferior, a porta propiamente dita, con arco de medio punto de perpiaños, deteriorado polos disparos dos canóns, sobre a cal aparecen diversos escudos da cidade e o reino e dos buracos verticais polos cales se atacaba con frechas os que querían tirar a porta abaixo.
Polo que respecta á parte que mira cara o interior da cidade vella, ao igual que na Porta de Serrans, na torre da esquerda hai unha magnífica escaleira de acceso aos corpos de arriba, que aquí se mostran a gorxa aberta, é dicir, sen cubrir, con estancias abertas coroadas con bóvedas góticas de cruzaría. Por tanto, a finalidade defensiva das torres só se aplicaba cara o exterior, mentres que o interior deixábase sen protexer, a petición dos rexedores, para que a fortaleza non puidese ser utilizada polas forzas militares en contra da propia cidade.
A disposición das torres respecte á antiga muralla é lixeiramente oblicua para adaptarse ao trazado da rúa de Quart que non obstaculiza perpendicular á muralla senón en diagonal.
O estilo das Torres de Quart, tardo-gótico, repítese en diversas cidades italianas coma Xénova.