Mercado Central de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°28′25″N 0°22′44″O / 39.473503, -0.378942

Mercado Central.
Plano do Mercado Central.

O Mercado Central (en valenciano Mercat Central) de Valencia é unha construción de estilo modernista, proxectada polos arquitectos Alexandre Soler i March e Francesc Guàrdia i Vial en 1914, ámbolos dous formados na Escola de Arquitectura de Barcelona e colaboradores de Lluís Domènech i Montaner, que fixo o Palau de la Música Catalana e que se caracterizou por un estilo propio dentro das liñas do modernismo.

O proxecto do Mercado Central da Cap i Casal pretendía conciliar o uso das grandes estruturas de ferro espido co estilo Art Nouveau. Despois dalgunhas desconveniencias e dalgunhas modificacións ao proxecto inicial, as obres acabaron no xaneiro de 1928, so a dirección de Enric Viedma i Vidal.

Este mercado sitúase entre a Plaça del Mercat (fachada principal) e a de Ciutat de Bruges. A rúa Vell de la Palla separa o mercado da Igrexa de Sant Joan del Mercat. Pola outra beira do mercado está a rúa de Palafox, a praza d'en Gall e a rúa de les Carabasses.

A Praza do Mercat[editar | editar a fonte]

A Plaça del Mercat é unha das prazas máis singulares e coñecidas da cidade de Valencia, xa que onda tres dos monumentos máis famosos da cidade: o modernista Mercat Central (s. XX), a tardogótica Llotja de la Seda (s. XV) co seu Consolat de Mar renacentista (XVI), e a parte barroca da igrexa de Sant Joan del Mercat (s. XVII). Pese a esta mestura de estilos, Joan Francesc Mira opina que "no se sap com, els tres edificis fan l'efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d'ocupar, un davant o al costat de l'altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre així" (non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de seren exactamente como teñen que ser e ocupando o lugar que teñen que ocupar, un diante ou á beira do outro, como se fose ou debese ser sempre así).

Detalle da fachada principal do Mercado Central, onde se combinan a cerámica e a pedra co vidro e o metal.
Fachada posterior do Mercado Central (Avenida do Baró de Càrcer), máis tradicional no uso de materiais, predomina a pedra e a madeira nas xanelas.

Antecedentes do Mercado Central[editar | editar a fonte]

Antes da construción do Mercado Central (1914-28), a Plaça del Mercat servía coma espazo de mercado ao aire libre para a cidade. Durante o século XIX a praza ampliouse co derrubamento do convento das Magdalenes, pero até o 1914, non se comezou a construción do edificio cuberto do Mercado Central.

Foi a final do século XIX, co auxe das ideas hixienistas e da burguesía, cando as autoridades municipais suscitaron a necesidade de faceren un mercado pechado. Este mercado debería ter grandes dimensións, para o cal foi preciso mercar e derrubar algunhas vivendas para reunir un terreo duns 8.000 m2.

Praza do Mercado en 1704, segundo o plano do Padre Tosca, que se conserva no Museu Històric Municipal de Valencia[1]. Sobre parte desta praza érguese o actual Mercat Central (1914-1928).

Estilo ecléctico e modernista[editar | editar a fonte]

O edificio podería definirse como de estilo ecléctico modernista, combinando a tradición construtiva catalá e a primeira arquitectura do ferro e o aceiro. A planta irregular adaptada na forma da parcela que ocupa conta con dous espazos: o mercado propiamente dito (6.800 m²) e a peixaría (1.700 m²), con carreiros rectos e longos atravesados por dúas vías amplas.

As cubertas presentan teitos inclinados e dúas innovadoras cúpulas, unha para a peixaría, e outra para o mercado. Na parte alta desta segunda cúpula hai un cataventos de ferro: a Cotorra del Mercat que, segundo como sopra o vento, fala ou mira outro cataventos, o Pardalot de Sant Joan, que se atopa na veciña igrexa homónima.

A armadura para cubrir de aceiro laminado con piares unidos entre si por arcos remite ás grandes arquitecturas industriais do ferro, como as da Estació del Nord ou o Mercat de Colom. Os muros perimétricos, que só teñen función de pechamento, presentan zócolos cerámicos policromados na súa base, persianas metálicas e azulexos de reflexo dourado na parte superior, e pedra nos cantóns e nas portadas.

Cotorra del Mercat.
Cataventos de Sant Joan del Mercat, coñecido popularmente coma o Pardalot de Sant Joan, que dialoga coa Cotorra del Mercat.

Catedral da luz[editar | editar a fonte]

Segundo Joan Francesc Mira, o Mercado Central é como unha catedral inmensa e luminosa, para inundación continua de claridade que intensifica as cores da mercadoría. É un espazo de amplos carreiros interiores dedicados á venda de todo tipo de alimentos, onde a clientela non se empurra nin se apiña porque o espazo é ben grande, e o balbordo se esvaece cara ás alturas.

O interior do Mercat Central, aquí decorado con adornos de Nadal, é un espazo diáfano e luminoso, onde a xente non se apiña e o barullo se esvaece cara ás alturas.
Interior do mercado.
Cúpula con ventás de vidro do interior do Mercado Central, con laranxas na parte alta e reflexo dourado na de abaixo.
Detalle da Cúpula do Mercado Central, con ramos de laranxas sobre fondo branco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mira i Casterà, Joan Francesc: València per a veïns i visitants. Bromera, Col·lecció Grans Obres, Alzira. Segona edició, maig del 2007, planes 82-84.
  • Sanchis Guarner, Manuel: La Ciutat de València. Ajuntament de València, València. Cinquena Edició 1989, plana 568.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]