Ernst Theodor Amadeus Hoffmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Hoffmann sito no Museo de Berlín.

Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, nado en Königsberg (Prusia Oriental; agora Kaliningrado, en Rusia) o 24 de xaneiro de 1776 e finado en Berlín o 25 de xuño de 1822, foi escritor e compositor alemán, que influíu no movemento romántico da literatura alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun avogado aínda que despois da separación dos seus pais en 1778 foi criado pola familia da súa nai. O seu terceiro nome era orixinalmente Wilhelm, pero máis tarde tomou o de Amadeus en honor a Wolfgang Amadeus Mozart.

Hoffmann estudou dereito na Universidade de Königsberg pero soamente exerceu o seu cargo de de avogado durante un curto período de tempo, antes de dedicarse á pintura. En 1814 regresou á administración civil prusiana en Berlín e exerceu como xuíz até a súa morte.

Obra[editar | editar a fonte]

Hoffmann é moito máis coñecido como escritor. As súas obras de ficción, combinan o grotesco e o sobrenatural con un poderoso realismo psicolóxico, encóntranse entre as máis influentes do movemento romántico.

As máis famosas son os contos fantásticos nos que Jacques Offenbach baseou a ópera Os contos de Hoffmann (1880) e Léo Delibes o seu ballet Coppélia (1870).

Moitas das novelas curtas máis famosas de Hoffmann foron reunidas nas súas Pezas fantásticas de 2 volumes, (1814-1815), que tamén contén unha colección de crítica musical e as ilustracións propias. Hoffmann escribiu tamén a obra Os elixires do diaño (1816).