Ernst Moritz Arndt
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ernst Moritz Arndt | |
|---|---|
| Ernst Moritz Arndt | |
| Nacemento: | 1769 Schoritz |
| Falecemento: | 1860 Bonn |
| Nacionalidade: | Alemá |
| Ocupación: | Escritor |
Ernst Moritz Arndt, nado en Schoritz en 1769 e finado en Bonn en 1860, foi un escritor alemán.
[editar] Traxectoria
Naceu na illa de Rügen, que entón pertencía a Suecia. Viaxou por Austria, Hungría, Italia, Francia e Bélxica antes de se instalar en Greifswald, onde se estableceu como profesor, en 1806. Veuse obrigado a se exiliar a Estocolmo polas súas obras, Berlín e Bonn.
Coas súas composicións bélicas e nacionalistas contribuíu a sublevar a Alemaña contra Napoleón.
[editar] Obras
- Geist der Zeit, 1806 ("Espírito do tempo")
- Erimerungen aus dem ansseren Leben, 1839 ("Lembranzas da vida externa", autobiografía)