Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense
O Equipo Arxentino de Antropología Forense (EAAF) é unha organización non gobernamental e sen fins de lucro arxentina de carácter científico creada en 1986 a iniciativa das organizacións de dereitos humanos da Arxentina co fin de desenvolver técnicas de antropoloxía legal que axudasen a descubrir que sucedera coas persoas detidas-desaparecidas durante a ditadura militar (1976-1983). Desde o ano 1998 traballou en 30 países de Latinoamérica, África, Europa e Asia; en lugares como Bosnia, Angola, Timor Oriental, Polinesia francesa, Croacia, Kurdistán iraquí, Kosovo e Sudáfrica[1].
Índice |
Orixe [editar]
Inmediatamente logo de recuperada a democracia e que entrase en funcionamento a CONADEP comezaron a realizarse exhumacións porque se sospeitaba que moitas das tumbas NN poderían estar ocultando desaparecidos asasinados sen identificar. Pronto foi evidente que se necesitaban métodos científicos para reconstruír a memoria. A CONADEP e as Avoas de Praza de Maio tomaron a iniciativa e viaxaron a Estados Unidos onde recibiron o decisivo apoio da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (w:en:). Creouse unha base de datos xenéticos no Hospital Durand de Bos Aires, e un equipo de antropólogos forenses organizados por Clyde Snow con gran audacia [2]. Sobre esta base en 1986 creouse o Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), como unha organización non gobernamental e sen fins de lucro [3].
Actividade [editar]
O EAAF desenvolveu un método de investigación organizado en tres etapas:
- Unha etapa preliminar de recompilación de fontes escritas e orais do desaparecido ou desaparecida;
- Unha etapa de análise da documentación e rexistros que ten como fin establecer onde poden atoparse os restos;
- Unha etapa arqueolóxica, similar á arqueoloxía clásica nun contexto médico legal. Nesta etapa utilízanse tamén as técnicas de investigación xenética a través do ADN.
O EAAF foi pioneiro no desenvolvemento destas técnicas. Di Clyde Snow que:
Ata o 2000 o EAAF lograra identificar os restos de sesenta persoas, mentres que había outros trescentos casos que se continuaban investigando [5].
Claudio, un fillo de desaparecidos que buscaba aos seus pais di:
Identificación do Che Guevara [editar]
O EAAF volveuse mundialmente coñecido tamén por identificar o corpo do Che Guevara en Bolivia.
Membros [editar]
Algúns dos científicos membros do EAAF son: Clyde Snow, Luis Fondebrider, Darío Olmo, Silvina Turner, Mercedes Doretti, Patricia Bernardi, Anahí Ginarte, Rafael Mazzella, Daniel Bustamante, Carlos Somigliana, Miguel Nieva, Sofía Egaña, Cecilia Ayerdi, Andrea del Río.
Notas [editar]
- ↑ Diario Perfil- Impulsan identificación de soldados enterrados como NN en Malvinas
- ↑ O norteamericano Clyde Snow, fundador do Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense: Aquí todavía están conscientes de la tragedia, Páxina 12, 27 de xuño de 2004
- ↑ La antropología investiga los años de plomo, Páxina 12, Futuro, 8 de abril de 2000
- ↑ El norteameicano Clyde Snow, fundador del Equipo Argentino de Antropología Forense: “Aquí todavía están conscientes de la tragedia, Páxina 12, 27 de xuño de 2004
- ↑ La antropología investiga los años de plomo, Páxina 12, Futuro, 8 de abril de 2000
- ↑ La antropología investiga los años de plomo, Páxina 12, Futuro, 8 de abril de 2000