Avoas de Praza de Maio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Civil Avoas de Praza de Maio é unha ONG que ten como finalidade localizar e restituir ás súas lexítimas familias tódolos nenos secuestrados desaparecidos pola represión política en Arxentina, e crear as condicións para que nunca máis se repita esta grave violación dos dereitos humanos dos nenos, esixindo castigo a tódolos responsables.

Os nenos secuestrados como "botín de guerra" foron inscritos como fillos propios polos membros das forzas de represión, deixados en calquera lugar, vendidos ou abandonados en institutos como seres sen nome. De esa maneira os fixeron desaparecer ao anularon a súa identidade, privándoos de vivir coa súa lexítima familia, de todos os seus dereitos e da súa liberdade.

Nada ni ninguén as detivo para buscar aos fillos dos seus fillos. Tarefas detectivescas se alternaban con diarias visitas aos Xulgados de Menores, Orfelinatos, Casa Cunas, á vez que investigaban as adopcións da época. Tamén recibían —e seguen recibindo— as denuncias que o pobo arxentino lles fai chegar, como unha maneira de colaborar na tarefa de localización dos pequenos. Este é o resultado da súa tarefa de concienciación da comunidade.

Co fin de localizar aos nenos desaparecidos Avoas de Praza de Maio traballan en catro niveis:

  • denuncias e reclamacións ante as autoridades gobernamentais, nacionais e internacionais,
  • presentacións ante a Xustiza,
  • solicitudes de colaboración dirixida ao pobo en xeral e
  • pesquisas ou investigacións persoais.

Desde 1983 ata xullo de 2006 as Avoas recuperaron 88 nenos desaparecidos [1].

Para o seu traballo a Asociación conta con equipos técnicos integrados por profesionais nos aspectos xurídico, médico, psicolóxico e xenético.

Cada un dos nenos ten unha causa aberta na Xustiza á que se agregan as denuncias que elas van recibindo co correr do tempo e que conforman elementos probatorios que determinan a súa verdadeira identidade e a dos responsables do seu secuestro ou tenencia ilícita.

Para asegurar no sucesivo a validez dos análises de sangue implementaron un Banco de Datos Xenéticos, creado pola Lei Nacional Nº 23.511, onde figuran os mapas xenéticos de tódalas familias que teñen nenos desaparecidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]