Enterrádeme o corazón en Wounded Knee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enterrádeme o corazón en Wounded Knee
Título orixinal Bury My Heart at Wounded Knee
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Yves Simoneau
Produtor HBO Films
Traveler's Rest Films
Wolf Films
Guión Daniel Giat
Baseado en Bury My Heart at Wounded Knee de Dee Brown
Intérpretes Aidan Quinn
Anna Paquin
Adam Beach
August Schellenberg
Colm Feore
Eric Schweig
J.K. Simmons
Wes Studi
Gordon Tootoosis
Shaun Johnston
Nathan Lee Chasing His Horse
Música George S. Clinton
Fotografía David Franco
Montaxe Michael D. Ornstein
Estudio HBO Films
Distribuidor HBO
Ano Flag of the United States.svg 27 de maio de 2007
Galicia 17 de xaneiro de 2012 (TVG)
Duración 133 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama Histórico, Bélica
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (na versión orixinal inglesa Bury My Heart at Wounded Knee) é un filme para televisión dirixido por Yves Simoneau que foi estreado en 2007. Trátase dunha adaptación da novela homónima de Dee Brown, que á súa vez está baseada nos feitos reais que orixinaron a Masacre de Wounded Knee.

Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2012.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia comeza coa vitoria dos Sioux sobre o Xeneral Custer en Little Big Horn e desenrólase dende a perspectiva de tres personaxes: Charles Eastman (Adam Beach), un xove médico educado polos brancos que é o exemplo vivente da integración; Touro Sentado (August Schellenberg), o xefe Dakota que non se deixa someter pola autoridade dos policías do goberno de Estados Unidos que intentan quitarlles a súa propia identidade, a súa dignidade e as súas terras sagradas; e o senador Henry Dawes (Aidan Quinn), quen é un dos creadores da política relativa ós indios. Namentres Eastman e a profesora Elaine Goodale (Anna Paquin) traballan para mellorar a vida dos indios da reserva, o senador Dawes tenta convencer ó presidente Grant (Fred Thompson) para que lles de un trato máis humano, fronte á proposta bélica do Xeneral William Tecumseh Sherman (Colm Feore). A esperanza reside para os indios na persoa do profeta Wovoka (Wes Studi) e a Danza dos Espíritos, un movemento que promete a fin dos seus sufrimentos a causa do home branco. Esta esperanza é esmagada tralo asasinato de Touro Sentado e a masacre de centos de homes, mulleres e nenos indios polo sétimo de cabalería en Wounded Knee o 29 de decembro de 1890.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2007: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor miniserie ou filme para TV.
  • 2007: Emmy: Mellor telefilme. 17 nomeamentos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]