Wes Studi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wes Studi
Nome completoWesley Studie
Nacemento17 de decembro de 1947
LugarTahlequah
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo cherokee
Educado enTulsa Community College e Chilocco Indian Agricultural School
Cónxuxe(s)Maura Dhu Studi
FillosKholan Studi e Daniel Studi
Profesiónactor, actor de cinema e actor de televisión
Na rede
http://www.thestudigroup.com/
IMDB: nm0836071 Allocine: 18050 Rottentomatoes: celebrity/wes_studi Allmovie: p68861 TCM: 186363
Facebook: WStudi Twitter: WesleyStudi Musicbrainz: 27ec046c-1ac9-4804-aa01-8b0f486cfe44 WikiTree: Studi-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wesley "Wes" Studi (en cherokee: ᏪᏌ ᏍᏚᏗ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor e produtor cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos.[1][2] Apareceu en filmes premiados co Óscar como Dances with Wolves (1990) ou O derradeiro dos mohicanos (1992), e en filmes nomeados neses premios como Xerónimo (1993) e The New World (2005). Tamén é coñecido por interpretar a Sagat en Street Fighter (1994). Outros filmes nos que apareceu son Hostís, Heat, Mystery Men, Avatar, A Million Ways to Die in the West, así como na serie de televisión Penny Dreadful. En 2019, recibiu un Óscar Honorífico,[3] converténdose na segunda persoa nativa americana en gañar un Óscar (sendo a primeira Buffy Sainte-Marie), e é o primeiro nativo americano en recibir un Óscar por actuar.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Maggie, unha ama de casa, e Andy Studie, un traballador nun rancho, Studi foi educado na Chilocco Indian Agricultural School en Oklahoma do Norte. Ata que ingresou na escola primaria, só falaba a lingua cherokee. En 1967, foi recrutado no Exército e serviu 18 meses na Guerra de Vietnam. Despois diso, Studi volveuse activo politicamente e participou no Incidente de Wounded Knee na Reserva india de Pine Ridge en 1973.[5]

Adicouse a dar clases de cherokee e escrita en silabario, e axudou a fundar un xornal en lingua cherokee. Entrou no negocio da gandería. Após que o seu matrimonio rematase en divorcio, Studi deixou a gandería e comezou a estudar interpretación.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1989 Powwow Highway Buff
1990 Dances with Wolves Xefe dos Pawnee
1991 The Doors Indio no deserto
1992 O derradeiro dos mohicanos Magua
1993 Xerónimo Gerónimo
1993 The Broken Chain Seth / Chief / Speaker for the Tribes
1994 Street Fighter Victor Sagat
1995 Lone Justice 2 One Horse
Heat Detective Casals
Streets of Laredo Amigo indio de Pea Eye TV
1996 The Killing Jar Cameron
1997 Crazy Horse Nube Vermella TV
1998 Deep Rising Hanover
The Horse Whisperer garda do parque
Soundman Terry Leonard
1999 Mystery Men The Sphinx
2001 Ice Planet Commander Trager
Christmas in the Clouds Bingo Caller
Road to Redemption Frank Lightfoot
2002 Undisputed Mingo Pace
Skinwalkers Tte. Joe Leaphorn
2003 Edge of America Cuch
The Ugly One Mike
Coyote Waits Tte. Joe Leaphorn
2004 Echoes from Juniper Canyon Avó Voz
A Thief of Time Tte. Joe Leaphorn
2005 Into the West Black Kettle
Animal Creeper Voz
Miracle at Sage Creek Xefe Thomas
The New World Opechancanough
2006 Three Priests Ben
2007 Seraphim Falls Charon
Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Wovoka
2008 Comanche Moon Buffalo Hump TV
2009 Avatar Eytukan
Trail of Tears Maior Ridge
Kings Xeneral Linus Abner
The Only Good Indian Sam Produtor executivo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galbraith, Jane (14 de decembro de 1993). Los Angeles Times, ed. "Q&a with Wes Studi: 'I Came Into the Business at the Right Time'". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2010. 
  2. Kevin Carter (22 de decembro de 1993). The Philadelphia Inquirer, ed. "Actor Champions Indian Heritage". Orlando Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2010. 
  3. Hammond, Pete; Hammond, Pete (3 de xuño de 2019). "Oscars: Governors Awards To Geena Davis, David Lynch, Wes Studi, Lina Wertmuller". 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). ""An Officer and a Gentleman" (NY)". Consultado o 4 de novembro de 2019. Academy Award winner: Music – Original Song (“Up Where We Belong,” Music by Jack Nitzsche, Buffy Sainte-Marie; Lyric by Will Jennings) 
  5. Lewis Beale (16 de decembro de 1993). "Wes (`Geronimo') Studi Wary Of Political Correctness". New York Daily News (Chicago Tribune). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]