Anna Paquin
| Anna Paquin | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | Anna Helene Paquin 24 de xullo de 1982 Winnipeg Manitoba, |
|||||||||||
| Profesión | Actriz (1993-presente) |
|||||||||||
| Cónxuxe(s) | Stephen Moyer | |||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||
|
||||||||||||
Anna Helene Paquin, nada o 24 de xullo de 1982 en Winnipeg, Canadá, é unha actriz de nacionalidade neozelandesa. O primeiro filme co que acadou sona internacional foi The Piano, de Jane Campion, grazas ó que gañou o Oscar á Mellor actriz secundaria no ano 1994, cando só tiña once anos, e converténdose deste xeito na segunda persoa máis nova en acadar este premio. Despois do éxito en The Piano, a súa traxectoria como actriz colle folgos unha década máis tarde con papeis en filmes como She's All That, Almost Famous e X-Men, sendo neste último onde interpreta a Pícara, papel polo cal é amplamente coñecida. A pesares de gañar o Oscar tan nova logrou manter unha carreira coherente e moita discreción na súa vida privada. Actualmente, Paquin conseguiu recoñecemento da crítica polo seu papel como Sookie Stackhouse na serie de True Blood e foi premiada co Globo de Ouro á mellor actriz en serie de televisión dramática no 2009.
Índice |
[editar] Traxectoria
É filla de Mary Paquin (Brophy, apelido de solteira) mestra de inglés nada en Nova Zelandia e do canadense Brian Paquin, mestre de educación física. Ten un irmán, Andrew (1977), e unha irmá, Katya (1980). Á idade de catro anos múdase coa súa familia a Lower Hutt en Nova Zelandia.
En 1995 prodúcese o divorcio dos seus pais e cando tiña 15 anos, trasládase coa súa nai a Os Ánxeles para impulsar a súa carreira como actriz. Cando remata o instituto trasládase a Nova York, onde se matricula na Universidade de Columbia e asiste ás clases durante un ano, ata que decide deixar os estudos para continuar como actriz.
No 2001, adquire a nacionalidade neozelandesa, de xeito que posúe dobre nacionalidade canadense e neozelandesa, aínda que ela considérase abertamente neozelandesa.
Está casada co seu compañeiro de reparto de True Blood, Stephen Moyer, que encarna ó seu mozo na ficción. Anna e Stephen comezaron a saír pouco despois das audicións para a serie, pero non confirmaron a súa relación até febreiro de 2009. Seis meses despois anunciaron que estaban prometidos para casaren o 21 de agosto do seguinte ano en Malibú. Por mor da rodaxe de True Blood, Paquin trasladouse a Venice nos Ánxeles en 2007.
[editar] Filmografía
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)