Masacre de Wounded Knee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xefe Big Foot xace morto na neve.

A Masacre de Wounded Knee foi a última das grandes confrontacións entre os indios lakota e os Estados Unidos descrita a posteriori como unha masacre polo Xeneral Nelson A. Miles nunha carta dirixida ó Comisionado de Asuntos Indios.

O 29 de decembro de 1890, cincocentos soldados do Sétimo de Cabalería apoiados por algunhas forzas auxiliares e unha metralladora rodearon o campamento Lakota de Minneconjou coa orde de escoltar ós seus habitantes ata un tren que os deportaría a Omaha, Nebraska. O comandante do sétimo levaba ordes de desarmar ós lakota antes de deportalos polo que posicionou as súas tropas moi preto deles. Na última fase do desarme iniciouse un tiroteo, cuxo inicio nunca foi aclarado, tivo como resultado vinte cinco soldados e cento trinta e cinco lakota mortos, (entre eles, sesenta e dous mulleres e nenos).

Os soldados de Casey volvendo de Wounded Knee.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]