Eric Schweig
| Eric Schweig | |
|---|---|
| Nacemento | Eric Schweig 19 de xuño de 1967 (45 anos) Inuvik, Territorios do Noroeste, |
| Profesión | Actor |
| Ficha na IMDb | |
Eric Schweig, nado como Ray Dean Thrasher o 19 de xuño de 1967 en Inuvik, Territorios do Noroeste, Canadá, é un actor coñecido polo seu papel de fillo de Chingachgook, Uncas, en The Last of the Mohicans (1992).
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo dunha muller inuit e dun alemán, é o maior de sete irmáns que foron todos adoptados como parte dun programa de asimilación. A súa nai morreu de alcoholismo en 1989, el nunca chegou a coñecela. Foi adoptado por unha parella inglesa, dos cales recibiu malos tratos.
Eric fuxiu a Toronto, Ontario e en 1987, ós vinte anos de idade, un produtor de cine suxeriulle que fixera unha audición para o filme The Shaman's Source. A pesares de non ter formación no mundo do teatro, gañou o papel. Ese primeiro filme foi o que o lanzou á industria cinematográfica.
Os seus papeis máis memorables son o de Uncas, no filme The Last of the Mohicans, e o de Pike Dexter, no filme Big Eden.
Filmografía [editar]
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2000: Gran Premio do Xurado no L.A. Outfest