Nathan Lee Chasing His Horse
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nathan Lee Chasing His Horse | |
|---|---|
| Nacemento | Nathan Lee Chasing His Horse 28 de abril de 1976 (37 anos) Dakota do Sur, |
| Profesión | Actor, médico |
| Ficha na IMDb | |
Nathan Lee Chasing His Horse, nado o 28 de abril de 1976, é un actor da tribo sioux dos lakota. É membro da Reserva India de Rosebud, fillo do Xefe Joseph Chasing Horse e de Winifred Chasing Horse.
Chasing His Horse actuou no papel de Sorrí Moito (en lingua lakota: Iȟá s’a) na película de Kevin Costner Dances with Wolves. Posteriormente actuou en tres filmes para televisión con Eric Schweig: The Broken Chain, Into the West e Enterrádeme o corazón en Wounded Knee.
Ademais da súa carreira no cine, Nathan Chasing His Horse é un recoñecido médico, que vive do xeito tradicional dos lakota.
Filmografía [editar]
- Dances with Wolves (1990; como Sorrí Moito)
- The Broken Chain (1993, TV; como Xove Joseph Brandt)
- Dreamkeeper (2003, TV; como Verdel)
- Into the West (2005, miniserie de TV; como Oso Durminte)
- Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (2007; como Touro)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)