Edgar de Wahl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edgar de Wahl, nado en Olviopol, Rusia (hoxe chamado Pervomaysk, en Ucraína) o 11 de agosto de 1867, foi o creador da lingua auxiliar internacional chamada Occidental ou Interlingue.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en San Petersburgo, e traballou durante a maior parte da súa vida profesional na cidade de Tallinn en Estoniana (cidade tamén coñecida como Reval).

Primeiro foi un adepto do Volapük, de Wahl máis tarde foi un dos primeiros falantes de Esperanto, e aínda que aconsellou a Zamenhof sobre algúns puntos de gramática e vocabulario da nova lingua, renunciou o uso de esperanto logo de varios anos e durante as décadas seguintes traballou na cuestión da forma ideal dunha lingua auxiliar internacional.

En 1922 publicou unha "chave" a unha nova lingua, occidental, e publicou o primeiro número dun xornal titulado Kosmoglott (e máis tarde cambiado a Cosmoglotta), escrito enteiramente nesta lingua. Formulou a regra de Wahl. Nos anos seguintes, de Wahl participou na discusión sobre o desenvolvemento de Occidental, mais deixou que o idioma evolucionase seguindo as recomendacións de persoas que o usaban. Despois do comezo da Segunda Guerra Mundial, en 1939, só tivo un contacto intermitente co movemento occidentalista, que naquel tempo centrábase en Suíza. Viviu os seus últimos anos nun sanatorio en Estoniana e morreu en 1948.

(O nome do idioma Occidental foi cambiado a Interlingue en 1949.)