E3 Harelbeke 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2015 << E3 Harelbeke 2016 >> 2017
Paterberg, a subida máis dura da carreira
206,4 km
Gañador Polonia Michał Kwiatkowski
Segundo Eslovaquia Peter Sagan
Terceiro Ian Stannard

A 59ª edición da E3 Harelbeke, oficialmente 59e Record E3 Harelbeke disputouse o venres 25 de marzo de 2016 con saída e chegada na cidade de Harelbake, logo de percorrer 206,4 km entre os que habían 15 "muros", algúns deles de pavé.

Esta foi a primeira das Clásicas do pavé da tempada e a sexta carreira do UCI WorldTour 2016.

O gañador foi o polaco do Team Sky Michał Kwiatkowski que se adiantou ao campión do mundo eslovaco Peter Sagan en 4 segundos e en 11 segundos ao pelotón principal, que encabezou o seu compañeiro de equipo inglés Ian Stannard.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O trazado contou cunha lonxitude de 206'4 km con saída e final en Harelbeke. O percorido pasou por 5 sectores de pavé e 15 "muros" dos que algúns son de pavé

Muros[editar | editar a fonte]

Nome Km a meta Superficie Lonxitude (m) Pendente media (%) Pendente máxima (%)
1 Katteberg 176 asfalto 600 6'7% 8%
2 La Houppe 112 asfalto 3440 3'3% 10%
3 Oude Kruisberg 98 pavé 800 4'8% 9%
4 Knokteberg 89 asfalto 1530 5'3% 13'3%
5 Hotondberg 86 asfalto 1200 4% 8%
6 Kortekeer 79 asfalto 1000 6'4% 17%
7 Taaienberg 74 pavé 650 9'5% 18%
8 Boigneberg 66 asfalto 2180 5'8% 15%
9 Eikenberg 63 pavé 1200 5'5% 11%
10 Stationsberg 58 pavé 460 3'2% 5'7%
11 Capelberg 47 asfalto 900 4% 7%
12 Paterberg 42 pavé 700 12% 20%
13 Oude Kwaremont 37 asfalto/pavé 2200 4'2% 11%
14 Karnemelkbeekstraat 31 1530 4'9% 7'3%
15 Tiegemberg 19 1000 6'5% 9%

Sectores de pavé[editar | editar a fonte]

Nome Km Lonxitude (m) Km a meta
1 Beaucarnestraat 28,7 1200 177'7
2 Holleweg 30,7 1500 175'7
3 Paddestraat 42'2 2300 164'2
4 Mariaborrestraat 149 2000 57'4
5 Varentstraat 182'6 1500 23,8

Equipos[editar | editar a fonte]

Na competición participaron 25 equipos. 18 do UCI WorldTour e 7 de categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 197 ciclistas (8 por equipo, excepto BMC, Orica e Dimension Data que partiron con 7). Ao final saíron 197 ciclistas dos que chegaron a meta 106.

UCI WorldTour[editar | editar a fonte]

Equipo País Código
AG2R La Mondiale Francia ALM
Astana Casaquistán AST
BMC Racing Team Estados Unidos de América Estados Unidos BMC
Cannondale Estados Unidos de América Estados Unidos CPT
Dimension Data Sudáfrica Suráfrica DDD
Etixx-Quick Step Bélxica Bélxica EQS
FDJ Francia FDJ
Giant-Alpecin Alemaña Alemaña TGA
IAM Cycling Suíza Suíza IAM
Team Katusha Rusia Rusia KAT
Lampre-Merida Italia Italia LAM
LottoNL-Jumbo Países Baixos Países Baixos TLJ
Lotto-Soudal Bélxica Bélxica LTS
Movistar Team España España MOV
Orica-GreenEDGE Australia Australia OGE
Team Sky Reino Unido Reino Unido SKY
Tinkoff Rusia Rusia TNK
Trek-Segafredo Estados Unidos de América Estados Unidos TFS

Profesional Continental[editar | editar a fonte]

Equipo País Código
Bora-Argon 18 Alemaña Alemaña BOA
Direct Énergie Francia DEN
Fortuneo-Vital Concept Francia FVC
Roompot–Oranje Peloton Países Baixos Países Baixos ROO
Southeast–Venezuela Italia Italia STH
Topsport Vlaanderen-Baloise Bélxica Bélxica VSB
Wanty-Groupe Gobert Bélxica Bélxica WGG

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Ciclista Equipo Tempo
Polonia Michał Kwiatkowski Team Sky 4 h 49' 34"
Eslovaquia Peter Sagan Tinkoff + 4"
Ian Stannard Team Sky + 11"
Suíza Fabian Canacellara Trek-Segafredo m.t.
Bélxica Jasper Stuyven Trek-Segafredo m.t.
Países Baixos Lars Boom Astana m.t.
Bélxica Tiesj Benoot Lotto-Soudal m.t.
Bélxica Sep Vanmarcke LottoNL-Jumbo m.t.
Luxemburgo Jempy Drucker BMC Racing Team m.t.
10º Italia Daniel Oss BMC Racing Team m.t.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]