Majin Boo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Majin Boo (魔人ブウ Ma-jin buu?, tamén coñecido como Máxico Boo) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball Z. É o derradeiro inimigo ó que se enfrontan os heroes no manga, un monstro rosado coa habilidade de absorber persoas, tralo cal cambia de forma e vólvese máis poderoso adquirindo a súa enerxía e habilidades especiais. Ademais, pode imitar as técnicas dos seus adversarios con tan só observalas unha vez.

Biografía[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Este monstro foi creado por Bibidi 5 millóns de anos antes do ano cero da Cronoloxía de Dragon Ball. Inicialmente tiña a aparencia dun neno pequeno e aniquilou centos de planetas durante varios anos, pero era un ser que nin o propio Bibidi podía controlar, así que encerrábao nunha esfera mediante unha fórmula máxica cando non o necesitaba. Aniquilou a los Kaiō Shin do norte e do oeste, absorbeu ó do sur adquirindo unha forza e enerxía maiores coa aparencia dun coloso musculado, posteriormente absorbeu ó Dai Kaiō Shin, decrecendo a súa resistencia, enerxía e agresividade pero obtendo novos poderes máxicos (como transformar o que sexa no que queira), nesta transformación adquiriu unha aparencia obesa e una gran apetencia pola comida da cal obtiña a súa enerxía. Grazas a isto Bibidi foi capaz de controlalo con maior facilidade, pero quedou encerrado na esfera cando Bibidi foi asasinado por Kaiō Shin do leste e Kibito.

O espertar na Terra[editar | editar a fonte]

No ano 774 da Cronoloxía de Dragon Ball, Babidi, fillo de Bibidi, liberou ó monstro utilizando a enerxía de Son Goku, Son Gohan e Vexeta transformados en Super Saiyajin 2. Para iso empregou en primeiro lugar a Spopovich e a Yamu, dous humanos subordinados que lle quitaron a metade da enerxía necesaria a Son Gohan cunha xiringa especial. Posteriormente usou a Vexeta xa que os seus subordinados (salvo Dabla) non podían facerlles fronte. Vexeta pola súa parte, deixouse medio controlar por Babidi a propósito para poder forzar unha loita contra Son Goku e que Babidi lle espertase de paso o seu poder oculto. Majin Boo conseguiu saír do seu encerro e nuns instantes derrotou a Dabla, Son Gohan e Kaiō Shin do leste. Ó observar a enorme forza de Majin Boo, "Majin" Vexeta deixou inconsciente a Goku para enfrontarse a el. Aínda que nun primeiro momento pareceu dominar a Majin Boo, Vexeta viuse superado pola súa enorme potencia e a súa invulnerabilidade. Poñéndose no lugar de Goku e mostrando por primeira vez sentimentos de nobreza, Vexeta decidiu concentrar toda a súa enerxía nunha potente explosión que o auto destruiría para que Majin Boo non puidese rexenerarse, pero non deu resultado e Majin Boo recuperouse sen ningunha secuela.

Transformacións[editar | editar a fonte]

  • Majin Boo Musculoso: Majin Boo Orixinal + Kaio Shin do sur
  • Majin Boo Gordo: Majin Boo Orixinal + Kaio Shin do sur + Dai Kaio Shin
  • Majin Boo Malo: Majin Boo Pura Maldade + Majin Boo Bo
  • Majin Boo Gotenks: Majin Boo Malo + Songotoranks SSJ3 + Piccoro
  • Majin Boo Piccolo: Majin Boo Malo + Piccoro + Son Goten + Toranks
  • Majin Boo Gohan: Majin Boo Malo + Son Gohan + Piccoro + Son Goten + Toranks

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]