Doenza de Goodpasture

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Síndrome de Goodpasture
Clasificación e recursos externos

Microfotografía dunha biopsia renal dun paciente con glomerulonefrite.
OMIM 233450
DiseasesDB 5363
MedlinePlus 000142
eMedicine med/923
MeSH D019867


A doenza de Goodpasture é unha enfermidade inmunitaria que produce glomerulonefrite por afectación renal e sangrado alveolar difuso por afectación pulmonar, e que se caracteriza pola produción de anticorpos antimembrana basal, tanto no glomérulo renal coma nos alvéolos pulmonares. É a causa máis frecuente de síndrome renopulmonar (ou síndrome de Goodpasture). Adoita darse con máis frecuencia en homes ca en mulleres, e a data de inicio da doenza é na meirande parte dos casos entre os 20 e os 30 anos. Nos doentes máis novos é típica a afectación renal e pulmonar conxunta, mentres que a medida que avanza a idade do doente, é máis típica a afectación só renal. Esta síndrome foi recoñecida por vez primeira por Goodpasture en 1919 nun paciente de dezaoito anos de idade que padeceu de forma aguda hemoptise (tose na que se expulsaba material cheo de sangue) e hematuria (presenza de sangue na [[urina]]), pouco despois de se recuperar dunha gripe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]