Síndrome nefrótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Síndrome nefrótica
Clasificación e recursos externos
Microfotografía dunha biopsia renal.
ICD-10N.04
ICD-9581.9
DiseasesDB8905
MedlinePlus000490
MeSHD009404
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome nefrótica (SN) é unha doenza renal causada por un conxunto de doenzas, caracterizada por un aumento na permeabilidade da parede capilar dos glomérulos renais, o que leva á presenza de niveis altos de proteínas na urina (proteinuria), niveis baixos de proteínas no sangue (hipoproteinemia), ascite, e en certos casos, edemas, niveis de colesterol elevados (hipercolesterolemia) e unha predisposición para a coagulación. A orixe desta síndrome é a lesión do glomérulo renal, ben sexa de xeito primario ou secundario, que altera a súa capacidade para peneirar as substancias que transporta o sangue. O dano causado no doente ha ser máis ou menos grave, sendo posíbel a aparición de complicacións noutros órganos e sistemas. As doenzas asociadas con esta síndrome polo xeral causas unha disfunción renal crónica. Porén, en función da afección e do tipo de lesión, estes individuos presentan un mellor prognóstico baixo un tratamento médico axeitado.

Causas[editar | editar a fonte]

As causas que adoitan producir síndrome nefrótica poden ser tanto doenzas glomerulares coma doenzas extrarrenais que afectan ao ril.

Glomerulonefrites primarias[editar | editar a fonte]

  • Doenza con lesión mínima: é a causa máis común de síndrome nefrótica primaria en idade infantil. Debe o seu nome a que o nefróns semellan normais vistos co microscopio óptico e só co microscopio electrónico se aprecia a lesión. Tamén hai intensa proteinuria.
  • Glomerulonefrite membranosa: é la causa máis común nos adultos. Unha inflamación da membrana do glomérulo dificulta a función de filtrado do ril. O motivo polo que se engrosa a membrana é descoñecido.
  • Glomerulonefrite mesanxiocapilar: a inflamación do glomérulo e mais o depósito de anticorpos na membrana do mesmo, dificultan a filtración da urina.
  • Glomerulonefrite rapidamente progresiva: dise que hai doenza cando coma mínimo o 50% dos glomérulos do doente amosa formas de semilúa nunha biopsia de ril.
  • Glomeruloesclerose focal e segmentaria: caracterízase pola aparición dun tecido cicatricial nos glomérulos. O adxectivo focal débese a que algúns dos glomérulos presentan esas cicatrices, mentres que outros fican intactos; o termo segmentaria representa que só parte do glomérulo sofre dano.

Glomerulonefrites secundarias[editar | editar a fonte]

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento principal da síndrome nefrótica é o mesmo tratamento da causa que o orixina. Ademais, cómpre tomar unha serie de medidas para tratar as complicacións que pode ocasionar esta síndrome. Os edemas poden ser tratados mediante diuréticos, aínda que a dieta tamén é importante neste aspecto, sendo necesario realizar unha restrición da inxesta de auga e sal. A presión arterial e a dislipemia tamén teñen que ser controladas, sendo os fármacos inhibidores do sistema renina-anxiotensina-aldosterona (IECA) os fármacos de elección.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]