Síndrome de Churg-Strauss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infiltrado eosinofílico nun pulmón dun paciente con Síndrome de Churg-Strauss.

A síndrome de Churg-Strauss, tamén coñecida como granulomatose alérxica, é unha doenza pertencente ao grupo das eosinofilias pulmonares é un tipo de vasculite autoinmune que afecta aos pequenos e medianos vasos sanguíneos, provocando un infiltrado de eosinófilos, sobre todo no pulmón. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, corazón, pel ou riles. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de poliarterite nodosa, polas súas semellanzas morfolóxicas. Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida co asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara. A orixe do nome vén dos médicos Jacob Churg e Lotte Strauss, que describiron o trastorno en 1951.[1]

Índice

Síntomas [editar]

A sintomatoloxía da síndrome depende da gravidade e tamén do etapa da enfermidade no que se atope o paciente. Básicamente, podemos diferenciar tres fases na doenza.

Diagnóstico [editar]

Probas diagnósticas [editar]

As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de inflamación), e unhas inmunoglobulinas E elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso derrame pleural. No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou de outro tecido afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.

Criterios diagnósticos [editar]

Poderemos afirmar que existe unha síndrome de Churg-Strauss se se cumplen, coma mínimo, 4 ou máis destes criterios:

  • Asma.
  • Eosinofilia (presenza de máis dun 10% de eosinófilos en sangue periférica).
  • Anormalidades nos seos paranasais.
  • Opacidades pulmonares transitorias ou migratorias.
  • Neuropatía.
  • Biopsia de vasos sanguíneos con acumulación de eosinófilos fóra do sangue, é dicir, noutros tecidos.

Tratamento [editar]

O tratamento da síndrome adoitan ser os corticoides (prednisolona) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser azatioprina ou ciclofosfamida. Tamén hai estudos de tratamentos con montelukast.

Véxase tamén [editar]

Notas [editar]

Outros artigos [editar]