Glomerulonefrite membranosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Glomeruloesclerose segmentaria e focal
Clasificación e recursos externos
ICD-10 N.03
ICD-9 583.1
DiseasesDB 7970
MedlinePlus 000472
eMedicine 1483/
MeSH D015433

A glomerulonefrite membranosa (GM), tamén coñecida coma nefropatía membranosa , é unha doenza que afecta ao glomérulo renal (glomerulopatía). É a causa máis frecuente de síndrome nefrótica en adultos, afectando máis predominantemente a estes últimos e a anciáns máis que a nenos.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Caracterízase por ser unha doenza causada por antíxenos específicos e anticorpos que se forman na membrana basal glomerular.

Aínda que a forma máis habitual é a idiopática ou primaria [2], existen outras causas que poden producir esta doenza, entre elas certas infeccións (sífilis, hepatite B, malaria), cancros coma o de mama ou pulmón, lupus eritematoso sistémico, síndrome de Sjögren, tiroidite de Hashimoto, ou fármacos coma o captopril, a penicilamina ou as sales de ouro. É máis frecuente en homes ca en mulleres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farreras-Rozman: Medicina Interna. 16º Edicion. C Rozman, F Cardellach, JM Ribera, A de la Sierra. Editorial Elsevier, 2009.
  2. Harrison: Principios de Medicina Interna, 18º Edición. DL Longo, AS Fauci, DL Kasper, SL Hauser, JL Jameson, E Braunwauld. Ed McGraw Hill, 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]