Diplodus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diplodus

Diplodus cervinus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Sparidae
Xénero: Diplodus
Rafinesque, 1810
Especie tipo
Sparus annularis
Linnaeus, 1758
= Diplodus annularis
(Linnaeus, 1758)
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Diplodus cadenati
(Para moitos autores Diplodus sargus cadenati).
Cardume de Diplodus cervinus.
Diplodus puntazzo fotografado na illa de Elba, Italia.

Diplodus é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos perciformes e familia dos espáridos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz,[1] na súa obra: Indice d'ittiologia siciliana; ossia, catalogo metodico dei nomi latini, italiani, e siciliani dei pesci, che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale e seguito da un appendice che contiene la descrizione de alcuni nuovi pesci siciliani. Messina: G. del Nobolo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Diplodus está formado pola unión dos elementos do latín científico dipl- e -odus.[2]

O primeiro elemento deriva do grego antigo διπλόος diplóos, "duplo", "duplicado", "dobrado",[3] e, o segundo, tamén do grego antgigo ὀδούς odoús, "dente".[4] Literalmente: "os de dentes duplicados", en referencia aos dous tipos de dentes que posúen estes peixes, incisivos e molares.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle impuxo Rafinesque, e que é o actualmenté válido, o xénero tamén se coñeceu polos seguintes sinónimos:[1]

  • Puntazzo Bleeker, 1876
  • Sargus Cuvier, 1816
  • Sargus Klein, 1775

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2020), segundo o World Register of Marine Species, recoñécense as especies:[1]

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica só recoñece as seguintes:[5]

  • Diplodus annularis (Linnaeus, 1758)
  • Diplodus argenteus (Valenciennes in Cuvier & Valenciennes, 1830)
  • Diplodus bellottii (Steindachner, 1882)
  • Diplodus bermudensis Caldwell, 1965
  • Diplodus cervinus (Lowe, 1838)
  • Diplodus fasciatus (Valenciennes in Cuvier & Valenciennes, 1830)
  • Diplodus holbrookii (Bean, 1878)
  • Diplodus noct (Valenciennes, 1830)
  • Diplodus prayensis Cadenat, 1964
  • Diplodus puntazzo (Cetti, 1777)
  • Diplodus sargus (Linnaeus, 1758)
  • Diplodus vulgaris (Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)

En Galicia[editar | editar a fonte]

No litoral galego están presentes as seguintes especies:[6]

Unha nova especie galega[editar | editar a fonte]

Moi poucas veces chega ás lonxas galegas (e do resto do noroeste español) un espécime fresco de sargo bicudo (Diplodus puntazzo). Pero en agosto de 2022 chegou á de Burela un, que foi identificado como o sargo común (Diplodus sargus) aínda que, por suposto, se sabía que non o era e que, máis tarde, confirmou un biólogo especializado en especies mariñas raras á empresa comercializadora que o comprou. Supoñen os que o estudaron que chegou tan ao norte debido ao quecemento global, que eleva a temopreatura do mar; polo seu tamaño e porque pesaba 1,5 kg deduciron que debía levar xa tempo na Mariña lucense, obnde foi pescado o 22 de agosto deste ano. O comprador doouno para a investigación.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Diplodus Rafinesque, 1810 no WoRMS. Consultada o 21 de xaneiro de 2020.
  2. Diplodus no Merriam-Webster Dictionary.
  3. dipl- no Merriam-Webster Dictionary.
  4. -odus no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Diplodus Rafinesque, 1810 no ITIS.
  6. Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, pp. 152-159.
  7. La Voz de Galicia, Redacción (24 de agosto de 2022). "Capturan en A Mariña un sargo picudo que vive en el Mediterráneo y en África". La Voz de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Vázquez, Xavier (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]