David Rudisha
| Este artigo precisa dunha revisión ortográfica (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Pode axudarse do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
David Lekuta Rudisha, nado o 17 de decembro de 1988 en Kilgoris (Quenia), é un atleta queniano especialista nos 800 m. É o actual campión olímpico e mundial nesta distancia, posuíndo ademais o récord mundial cunha marca de 1:40,91, conseguida o día 9 de agosto de 2012 nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.[1] Na tempada do 2010 foi elixido como "Atleta do ano" por parte da IAAF.[2]
Índice |
Traxectoria [editar]
David Rudisha é fillo de Daniel Rudisha, medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1968 disputados en México na prov de relevos 4x400 m; meentras que a súa nai Tamisha, é unha recoñecida cantante de música folk.[3] É o sexto de sete irmáns e pertence ao pobo masai.[4] Comezou a súa carreira no ano 2004 en competicións locais na proba de décatlon, e no 2005 comezou o seu adestramento co exitoso adestrador e misioneiro irlandés Com O´Connel,[5] quen lle recomendou provar sorte nos 800 m. Nesta distancia logrou a medalla de ouro no Campionato Mundial Júnior de Atletismo de 2006, e dende aquela foi coñecido como «O orgullo de África», o mesmo lema da aeroliña Kenya Airways.[4][6][7]
No 2007 conquistou outra medalla de ouro no Campionato Africano Júnior cunha marca de 1:46,41, así como a súa primeira vitoria nunha competición da IAAF Golden League. Na seguinte tempada acadou o primeiro posto no Campionato Africano de Atletismo de 2008. Sen embargo, sufriu unha lesión que lle impediu participar nas provas clasificatorias para os Xogos Olímpicos de 2008 celebrados en Pekín. No 2009 participou no Campionato do Mundo de Atletismo de 2009 que tivo lugar en Berlín, no que alcanzou as semifinais.[8]
Plusmarca mundial [editar]
No 2010, Rudisha adxudicouse outra medalla de ouro no Campionato Africano de Nairobi cunha nova marca da competición (1:42,84).[9] Ademais, logrou a fazaña de superar o récord mundial en dúas ocasións: a primeira o día 22 de agosto durante a Internationales Stadionfest de Alemania (1:41,09),[10] e xusto unha semana despois na reunión de Rieti, Italia (1:41,01),[1] ámbalas dúas parte do IAAF World Challenge. Tamén foi un dos triunfadores da Liga de Diamante desa tempada. Todos estes logros valéronlle ser elixido como "Atleta do ano" xunto a Blanka Vlašić.
O campionato mundial de Daegu [editar]
Na tempada 2011, logrou a mellor marca do ano en Mónaco no mes de xullo (1:42,61), durante a décima data da Liga de Diamante, competición na cal repetiu como un dos vencedores;[11]e no Campionato do Mundo de Atletismo de 2011 celebrado en Daegu, conquistou o seu primeiro título absoluto cunha marca de 1:43,91.[12]Posteriormente, en Rieti, mellorou a súa propia marca do ano cun rexistro de 1:41,33.[13]
Sen embargo, a súa xeira de triunfos foi interrompida o 18 de setembro en Milán (Italia), cando o etíope Mohamed Aman se impuso na prova.[14]
Os Xogos Olímpicos de Londres e nova plusmarca mundial [editar]
O 9 de xuño de 2012, asistiu por primeira vez a unha competición no continente americano. A carreira tivo lugar en New York como parte da sexta data da Liga de Diamante; na que Rudisha se levou un holgado triunfo cunha marca de 1:41,74,[15] o mellor tempo conseguido nos Estados Unidos nos 800 m.[16]Posteriormente, o 24 de xuño gañou por primeira vez unha praza para competir nos Juegos Olímpicos de Londres 2012 nas provas clasificatorias realizadas en Nairobi cun rexistro de 1:42,12.[17]
En Londres, onde foi abandeirado da delegación queniana, o xoves 9 de agosto de 2012 adxudicouse a medalla de ouro, batindo ademais a plusmarca mundial cun tempo de 1:40,91. De feito, xa tiña en mente superar a marca antes da carreira, que se convertiu nunha batalla sen rival. Demostrouno desde o inicio, cando aos 200 m xa cronometrara un tempo extraordinario de 23,4 s. Rematada a prova, Rudisha declarou que non tiña duda en gañar, que o clima era ideal e polo tanto decidiu batir a súa propia plusmarca.[18]
Debido á fazaña, Rudisha ten sido considerado o mellor na prova en tódolos teempos; o mesmo Sebastian Coe opinou que era unha «proeza inesquecible» e que a vitoria era das máis memorables da historia olímpica. A carreira é considerada a máis rápida da historia nesta distancia, xa que os oito competidores correron por debaixo dun minuto e 44 segundos.[18][19]
Marcas persoais [editar]
| Prova | Tempo | Lugar | Data |
|---|---|---|---|
| 400 m | 45,50 s | Sídney (AUS) | 27/02/2010 |
| 800 m | 1:40,91 | Londres (GRB) | 09/08/2012 |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Iaaf.org: [1]
- ↑ IAAF: Rudisha and Vlasic are World Athletes of the Year – 2010 World Athletics Gala
- ↑ Ten things you never knew about David Rudisha
- ↑ 4,0 4,1 IAAF: Focus on Athletes - David Lekuta RUDISHA
- ↑ The Sun: Irish missionary fires Rudisha to top
- ↑ Sport: David Rudisha: El guerrero Masai
- ↑ Guiness World Records: LONDON 2012: ONES TO WATCH: DAVID RUDISHA, KENYA, MEN’S 800M
- ↑ Berlín 2009: 800 metres - semifinal
- ↑ IAAF: Rudisha sizzles 1:42.84 as Kenya collects three golds in Nairobi - African champs, day 3
- ↑ IAAF: 1:41.09 800m World record by Rudisha in Berlin
- ↑ Terra: Rudisha registra la mejor marca del año en los 800 metros de Mónaco
- ↑ Marca: David Rudisha rey sin discusión de los 800 metros
- ↑ IAAF: Rieti’s temple to middle distance witnesses Rudisha clock 1:41.33 and Kiprop romp to 3:30.46 in Rieti - IAAF World Challenge
- ↑ IAAF: Teenager Aman ends Rudisha’s win streak in rainy Milan
- ↑ IAAF: Rudisha's sensational 1:41.74 one of four world leads in New York - REPORT - Samsung Diamond League
- ↑ Competitor: David Rudisha Shines In New York
- ↑ IAAF: Rudisha runs 1:42.12 at altitude – Kenyan Olympic Trials
- ↑ 18,0 18,1 IAAF: Stunning! Rudisha 1:40.91 World Record in London! - UPDATED
- ↑ UPI: Olympic Medal: M 800
- Samsung Diamond League: David Rudisha
| Predecesor: Wilson Kipketer |
Plusmarquista mundial de 800 m lisos Desde 22 de agosto de 2010 |
Sucesor: |