Décatlon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Décatlon é unha competición de atletismo composta por dez probas, que se disputan en dous días. Nos Xogos Olímpicos, é exclusivamente practicada por homes, figurando por primeira vez no programa en 1904, mentres que as mulleres compiten en héptatlon. Consta das seguintes probas:

1º día

2º día

Entre proba e proba haberá, cando sexa posíbel, un intervalo de media hora, e dez horas entre a última proba do primeiro día e a primeira do segundo.

O atleta que non intente tomar unha saída ou facer unha tentativa en concursos non poderá continuar, considerándose que abandona a competición.

Os competidores reciben puntos pola súa actuación en cada unha das probas, de acordo cunha táboa elaborada pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) e que periodicamente se modifica, para adaptala á evolución dos récords mundiais.

Historia[editar | editar a fonte]

O décatlon ten a súa orixe no péntatlon dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, introducido nos Xogos do 708 a.C., e foi reintroducido no programa olímpico das Olimpíadas Modernas de 1904 celebradas en Saint Louis, onde competiron sete atletas en representación de Gran Bretaña e dos Estados Unidos.

Estivo ausente na seguinte edición, Londres 1908, e volveu nos Xogos Olímpicos de 1912, en Estocolmo, onde se disputou coa actual configuración, sendo vencedor o americano Jim Thorpe, que mereceu do Rei Gustavo V de Suecia o cualificativo de "maior atleta do mundo", como dende aquela se coñece aos gañadores desta competición.

Sistema de puntos[editar | editar a fonte]

A táboa de puntos IAAF 2001 emprega a seguinte fórmula:

  • Puntos = INT(A*(B-P)C) para eventos de pista.
  • Puntos = INT(A*(P-B)C) para eventos de campo.

A, B e C son parámetros que varían dependendo da disciplina, como reflicte a seguinte táboa, mentres que P é a marca obtida polo atleta, medida en segundos (eventos de pista), metros (lanzamentos), ou centímetros (saltos).

Evento A B C
100 m 25.4347 18 1.81
Salto de lonxitude 0.14354 220 1.4
L. Peso 51.39 1.5 1.05
Salto de altura 0.8465 75 1.42
400 m 1.53775 82 1.81
110 metros obstáculos 5.74352 28.5 1.92
L. Disco 12.91 4 1.1
Salto con pértega 0.2797 100 1.35
L. xavelina 10.14 7 1.08
1500 metros 0.03768 480 1.85