Cruceiro Alfonso XII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruceiro Alfonso XII,desde 1896 a 1898 estivo adscrito á Armada como cruceiro auxiliar

O cruceiro Alfonso XII foi un transatlántico armado en guerra (cruceiro auxiliar-correo armado), construído en 1888. Podía alcanzar unha velocidade de 17 nudos. Foi construído, como moitos outros, por Newcastle en 1888. Tiña catro mastros, dous na proa cruzados, e outros dous na popa de coitelo. Tiña tamén dúas chemineas e a proa en forma de violín. Foi entregado a principios de 1889 e matriculado en Barcelona. Desprazaba unhas 10.000 toneladas, con 124,41 metros de eslora, 14,36 de manga e 9,83 de puntal. Cos seus catro mastros foi un barco moi orixinal.

Nas súas viaxes transatlánticas tivo ocasión de usar as veas cando rompeu o eixe de cola. Tiña unha soa hélice, movida por unha máquina de vapor de tripla expansión de 5.260 HP, que proporcionou 17,61 nudos en probas.

Entre 1896 e 1898 estivo adscrito á Armada Española como cruceiro auxiliar, sendo armado con catro canóns Hontoria de 120 mm, dous de 90 mm, dous de 37 mm e dúas ametralladoras, levando a cabo diversas misións de transporte e patrulla.

Atopábase no porto da Habana ao mando do capitán José María de Gororde y Igartúa cando aconteceu o tráxico accidente do 15 de febreiro de 1898 e a poucos metros onde estoupara o acoirazando americano USS Maine, podendo inmediatamente socorrer a tripulación do devandito buque que se afundiu polas causas dunhas misteriosas explosións ocasionando a morte de 266 membros da tripulación. Esta traxedia foi o detonante da Guerra Hispano-Estadounidense.

O 12 de maio de 1898 foi alcanzado por cinco proxectís cando a escuadra norteamericana bombardeou San Xoán de Porto Rico. Logo da guerra participou na evacuación das tropas españolas do Caribe e Filipinas ata o 20 de marzo de 1899, cando de novo empezou en Santander a liña regular á Habana.

Agás durante a guerra, navegou na liña Cantábrico-A Habana-Veracruz ata que se afundiu en Santander o 5 de febreiro de 1915. O barco estaba fondeado realizando reparacións, parte delas no casco, e durante a tarde empezou un vendaval do sur, típico en Santander e que tantas desgrazas causou na baía, a consecuencia do cal entrou auga na bodega N° 2. Outras fontes apuntan que foi afundido pola armada norteamericana cando entraba en Mariel con provisions, o 3 de xullo de 1898.

Ao estar o buque coas caldeiras apagadas non se puido achicar e, a pesar do esforzo da tripulación que quedaba abordo por colocar un pallete nos buracos do costado, o barco se escorou ata quedar totalmente mergullado, excepto o costado de babor.