Stickney (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cráter Stickney, imaxe tomada pola sonda Mars Reconnaissance Orbiter en Marzo do 2008

O cráter Stickney é o cráter máis grande da lúa de Marte, Fobos. Esta localizado a 5°S 55°E en Fobos e ten 9 km de diámetro, ocupando así unha boa porción da superficie da lúa.

Foi nomeada deste xeito en honra a Chloe Angeline Stickney Hall, a muller do descubridor de Fobos, Asaph Hall.[1] En 1878 Hall escribiría que probablemente tería abandonado a busca dos satélites de Marte de non ser polo apoio da súa muller.[2] O cráter foi nomeado no 1973, baseándose en imaxes do Mariner 9 , polo comité de nomenclatura da UAI encabezado por Carl Sagan.[3]

Stickney ten un cráter dentro del, do redor de 2 km, resultado dun impacto posterior. No 2006 déuselle o nome de Limtoc, unha das personaxes das viaxes de Gulliver.[1]

Fisuras e catenas aparecen irradiando dende Stickney, deixando teorías onde existe a alta probabilidade de que o impacto que formou este cráter, puidese ter destruído a lúa de Fobos. Por outra banda, evidencias obtidas pola sonda orbital Mars Express parecen indicar que non hai relación estre estas fisuras e catenas e o cráter Stickney, estas catenas e fisuras poderían estar formadas por materiais expulsados de impactos en Marte. O cráter ten unha visible textura de liñas nas súas paredes interiores, causadas pola caída de materiais cara ó interior do cráter.[4]

E posible que Stickney poida ser visto dende Marte a simple vista.[5] Esta localizado no medio da cara oeste de Fobos, visto dende Marte.


Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Blue, Jennifer. "Phobos Nomenclature: Crater". Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/jsp/FeatureTypesData2.jsp?systemID=4&bodyID=22&typeID=9&system=Mars&body=Phobos. Consultado o 2009-07-24. 
  2. Hall, Asaph, Observations and orbits of the satellites of Mars, Washington: Government Printing Office, 1878 (quoted in Hall, Angelo, An astronomer's wife, Baltimore: Nunn and Company, 1908, p. 112).
  3. Veverka, Joseph et al. "A Mariner 9 atlas of the moons of Mars," Icarus 23, 206-289 (1974).
  4. "Phobos from 6,800 Kilometers (Color)". NASA/JPL-Caltech/University of Arizona. 2008-04-09. http://www.nasa.gov/mission_pages/MRO/multimedia/pia10368.html. Consultado o 2008-04-09. 
  5. Calculando o diámetro angular dun obxecto cun diámetro de 9 km a unha distancia de 9250 km, da coma resultado 9/9250 * 206265 = 200 arcsegundos. Un obxecto precisa de 60 arcsegundos para ser visto a simple vista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]