Cosmic Background Explorer
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | |
| Organización | NASA |
| Contratistas principais | Centro Goddard de Voos espaciais, Ball Aerospace |
| Data de lanzamento | 18 de novembro de 1989, 14:34 GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta 5920[2][4][5] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][6] |
| Obxectivo da misión | Estudio do radiación cósmica de fondo.[2][4][3] |
| NSSDC ID | 1989-089A |
| Masa | 2206 kg[2][4][6] |
| Potencia | 750 vatios[2] |
| Semieixo maior | 7256,4 km[1] |
| Inclinación | 99,0 graos[1] |
| Apoapse | 892,1 km[1] |
| Periapse | 878,7 km[1] |
Cosmic Background Explorer (COBE) foi un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer lanzado 18 de novembro de 1989 mediante un foguete Delta 5920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[6][4][1][2][5]
Índice |
Características [editar]
COBE adicouse a facer medicións da radiación de fondo cósmico de microondas a lonxitudes de onda de entre 1 micrómetro e 1 centímetro sobre toda a esfera celeste, en concreto:[2]
- O espectro da radiación a 3 K no rango entre 100 μm e 1 cm.
- A anisotropía da radiación a 3 K entre 3 e 10 mm.
- O espectro e distribución angular do fondo de radiación infravermello a lonxitudes de onda de entre 1 e 300 μm.
A nave estaba dividida en dous módulos:[2]
- O módulo de instrumentos, que incluía un termo con 650 litros de helio líquido a 1,6 K e un parasol cónico que protexía os instrumentos da luz solar.
- O módulo base, co control de actitude, as comunicacións e os sistemas de enerxía.
O satélite estabilizábase por rotación a 1 revolución por minuto, co eixo de rotación coincidindo co eixo de simetría, eliminando así erros sistemáticos nas medicións da anisotropía e permitindo observar a luz zodiacal a varios ángulos de elongación solar. A orientación do eixo de rotación mantíñase apuntando en sentido contrario á Terra e cun ángulo de 94 graos respecto da liña Terra-Sol. A órbita de COBE era heliosincrónica, polo que sempre tiña o Sol a un lado e tapado polo parasol desde o punto de vista dos instrumentos. O tipo de órbita e o eixo de rotación permitían unha exploración completa do ceo cada seis meses.[2]
As operacións científicas finalizaron o 23 de decembro de 1993.[2]
Instrumentos [editar]
COBE levaba a bordo tres instrumentos científicos:[4]
- Far Infrared Absolute Spectrophotometer (FIRAS): permitía comparar o especto da radiación cósmica de fondo coa dun corpo negro.
- Differential Microwave Radiometer (DMR): cartografiaba a radiación de fondo.
- Diffuse Infrared Background Experiment (DIRBE): medía a radiación infravermella de fondo.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "COBE" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=20322. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "COBE" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1989-089A. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 (PDF) Note verbale dated 26 April 1990 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General. 4 de maio de 1990. pp. 4. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=526.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Explorer: COBE" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_cobe.htm. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 "Delta 5920-8" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/del59208.htm. Consultado o 23 de xuño de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "COBE" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/cobe.htm. Consultado o 18 de maio de 2012.