Luz zodiacal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A luz zodiacal ó leste no firmamento pouco antes do amencer. Tamén son visibles Venus e o cúmulo aberto M44.

A luz zodiacal é unha feble banda de luz, de forma case triangular, que pode verse no ceo nocturno estendéndose ó longo do plano da eclíptica onde se atopan as constelacións do Zodíaco. Cobre o ceo por completo aínda que só é apreciable sobre o plano da eclíptica e é responsable do 60% da luz natural nunha noite sen Lúa. Está causada pola dispersión da luz solar nas partículas de po que se atopan ó longo de todo o Sistema Solar.

Observación[editar | editar a fonte]

A luz zodiacal é moi feble e é completamente invisible nos ceos iluminados por outros obxectos brillantes coma a Lúa ou a contaminación lumínica. Nas latitudes medias do hemisferio Norte observase mellor dirixindo a vista cara o Oeste na primavera, despois do crepúsculo, o mirando cara o leste no Outono, un pouco antes do amencer.

Decrece en intensidade lumínica coa distancia con respecto ó Sol. En certas noites moi escuras pódese observar una banda continua ó longo de toda a eclíptica. En oposición á luz zodiacal, é posible observar un brillo ovalado moi feble coñecido coma Gegenschein.

Orixe[editar | editar a fonte]

A luz solar absorbida polas partículas de po é reemitida novamente coma radiación infravermella en tódalas direccións. Esto causa que as pequenas partículas sexan freadas lentamente pola presión da radiación solar, describindo órbitas cada vez máis pechadas e migrando cara o Sol (efecto Poynting-Robertson).

Dado que o tempo de vida do po no Sistema Solar é moi reducido comparado coa súa historia, é necesario ter unha fonte continua de novas partículas que manteñan a luz zodiacal. O po xerado polos cometas e nas colisións entre pequenos asteroides manteñen o plano da eclíptica poboado con partículas de po. Nestes anos púidose observar coma a luz zodiacal ten estruturas importantes, incluíndo bandas de absorción ligadas á maior presenza de po producido en familias de asteroides e nos restos concretos da cola dos cometas.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luz zodiacal