Copa Xunta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copa Galiza de fútbol»)

Copa Xunta de Galicia é o nome de dúas competicións futbolísticas que se disputaron en Galicia. A segunda delas, xogada en 2006 foi a precursora da Copa Galiza que se disputou os anos 2008 e 2009. Todas estas competicións teñen en común que contaron co apoio institucional da Xunta de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Copa Xunta de Galicia 1989[editar | editar a fonte]

En 1989 disputouse a primeira Copa Xunta de Galicia, subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte e coa participación dos equipos da Terceira División.[1][2] Este torneo levouse a cabo en paralelo á Copa Galicia que aquela tempada xogaban os equipos de Preferente. O campión foi o Centro de Deportes Barco, que se impuxo na final fronte á SD Juvenil de Ponteareas por 2–0 en Santa Isabel.[3]

Copa Xunta de Galicia 2006[editar | editar a fonte]

En 2006, a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu crea-la Copa Xunta de Galicia.[4] O torneo foi anunciado como “a primera edición” do mesmo,​[5] sen reparar no torneo disputado en 1989.

A Copa foi presentada no mes de abril de 2006 por Santi Domínguez, Director Xeral para o Deporte, Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, e mais por Julio Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol.[6][7] A organización correu a cargo da Fundación Deporte Galego, a Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol.[5]

Contou coa participación dos clubs galegos que na temporada 2005/06 de fútbol estaban nas categorías de Primeira División, Segunda División ou Segunda División B. Ademais, a Xunta convidou discrecionalmente o CD Lugo para completa-lo número de oito equipos e facer dous grupos, norte e sur.[5] Os partidos disputáronse en agosto. A competición non tivo carácter oficial por non ser aprobada pola Asemblea da Federación Galega de Fútbol.[8]

Copa Galiza[editar | editar a fonte]

A Copa Xunta de Galicia foi substituída en 2008 pola Copa Galiza,[9][10] inicialmente tamén referida como Copa Galicia ata a confirmación do seu nome oficial. A Federación Galega de Fútbol recibiu o encargo de organizar a competición por parte da Xunta de Galicia para que principiase nos primeiros meses de 2008.[9] A fórmula empregada para definir a natureza da competición nas bases da mesma foi «patrocinada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e organizada pola Federación Galega de Fútbol».[11] A prensa tense referido ao torneo como unha competición de carácter amigable,[12][13][14] mentres que a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol solicitou que o torneo fose regulamentado oficialmente.[15]

Na primeira edición, seguiuse o mesmo esquema de seleccionar tódolos clubs de Primeira, Segunda e Segunda B, deixando fóra os equipos filiais e convidando os dous mellores conxuntos da Terceira División. Ademais, moveuse o calendario da competición á primavera do ano seguinte, co que oficialmente non se disputou edición en 2007. Tamén se substituíu a fase de grupos por un sistema de eliminatorias directas entre os oito equipos participantes.

Na segunda e derradeira edición, en 2009, e trala renuncia dos equipos da Primeira e Segunda, a Copa Galiza xogárona unicamente os equipos da Segunda B e Terceira, agrupados en dous distintos grupos: a maior parte dos de Terceira xogaron unha rolda previa, e os da Segunda B e os tres exentos da Terceira uníronse nas eliminatorias de oitavos de final.

Historial[editar | editar a fonte]

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

Ano Campión Subcampión Resultado Incidencias Notas
1989 Barco SD Juvenil 2–0 I Copa Xunta de Galicia

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Ano Campión Subcampión Resultado Incidencias Notas
2006 Celta de Vigo CD Lugo 3–2 I Copa Xunta de Galicia de Clubs de Fútbol
2008 Celta de Vigo Deportivo da Coruña 0–0 Penaltis 6–5 I Copa Galiza
2009 Cerceda Santa Comba 3–0 II Copa Galiza

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El compostela quiere ganar la primera copa de la Xunta. Se han celebrado tres reuniones con miembros del fútbol. La Xunta tiene que dar el visto bueno a la I copa de tercera división". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 17 de maio de 1989. p. 56. Tras tres reuniones que han mantenido los representantes de la Asociación de Clubs de Fútbol de Tercera División, todo parece ultimado para el visto bueno de la Dirección Xeral de Deportes para que sea aprobado el presupuesto por la Conselleria de Cultura e Deportes. En la última reunión celebrada estuvo presente el director xeral de Deportes, el presidente y vicepresidente de la Federación Gallega, y los clubs de Compostela, Vista Alegre, Villalonga, Brigantium, Lemos y Gran Peña. El proyecto de la Copa Xunta de Galicia contempla una subvención de un millón de pesetas por cada equipo inscrito en la competición, que se iniciaría el día 11 de junio, una vez finalizada la competición de liga y los compromisos de los equipos pontevedreses, que en estos momentos, están compitiendo en la Copa Diputación de Pontevedra. El emparejamiento será por sorteo y a partido único, valiendo de este mismo sistema para designar el campo 
  2. "Los equipos gallegos de Segunda División B pretenden disputar este año la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de maio de 1989. p. 48. [...] Por otra parte, el conselleiro de Cultura e Deportes, director xeral y representantes de los equipos de Tercera División llegaron al acuerdo de poner en marcha la I Copa Xunta de Galicia para equipos de esa categoría. La competición se iniciará el día 11 de junio. Los equipos reciben un millón de pesetas por su inscripción y el cincuenta por ciento de las taquillas en las eliminatorias, que serán a partido único. 
  3. "La Voz de Galicia (Edición O Barco)". 4 de xullo de 1989: 30. 
  4. "Bota a andar a primeira edición da Copa Xunta de clubs de fútbol". Vieros.com. 31 de xullo de 2006. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Dirección Xeral para o Deporte. Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia; Fundación Deporte Galego. "PRIMEIRA COPA XUNTA DE GALICIA PARA CLUBES DE FUTBOL" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de xaneiro de 2007. Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  6. "Nace la Copa Xunta como exaltación de los equipos gallegos". El Correo Gallego (en castelán). 26 de abril de 2006. 
  7. "La Copa Xunta queda pendiente de las fechas". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 2006. 
  8. Carlos Castro. "Os despropósitos dun torneo chamado Copa Xunta". Páxina oficial do Cultural Maniños SD. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2022. Oitavo porque nin existiu a delicadeza de catalogala como unha competición oficial ao non estar aprobada pola Asemblea da FGF 
  9. 9,0 9,1 "La propuesta de Copa Galicia, en tierra de nadie". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de marzo de 2008. 
  10. "A piques de comezar a Copa Galicia (anteriormente coñecida como Copa Xunta)". Vieiros.com. 28 de febreiro de 2008. 
  11. Federación Galega de Fútbol. "Copa Galiza de Fútbol - Tempada 2008/2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de abril de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2022. Patrocinada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e organizada pola Federación Galega de Fútbol, a “Copa Galiza de Fútbol”[...] 
  12. "Pasarón alberga por primera vez el clásico gallego". Faro de Vigo (en castelán). 14 de agosto de 2014. Consultado o 5 de abril de 2023. 
  13. "O Celta volve gañar a Copa Galiza de fútbol". Vieiros.com. 21 de maio de 2008. Consultado o 5 de abril de 2023. 
  14. "El Celta repite su título en la II Copa Galiza ante el Dépor". El Correo Gallego (en castelán). 21 de maio de 2008. Consultado o 5 de abril de 2023. 
  15. "La Copa Galicia, a debate". Atlántico Diario (en castelán). 5 de marzo de 2008. Consultado o 5 de abril de 2023.