Coordinadora Arauco-Malleco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordinadora Arauco-Malleco
Tipoorganización terrorista
IdeoloxíaIndixenismo e Anticapitalismo
Data de fundación1998
SedeRexión de Araucanía
PaísChile
Na rede
http://www.nodo50.org/weftun/
Twitter: CAMmapuche Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Coordinadora de Comunidades en Conflito Arauco-Malleco (máis coñecida como Coordinadora Arauco-Malleco ou CAM) é unha agrupación mapuche, indixenista e nacionalista étnica,[1][2] cuxo obxectivo é a consecución dun estado soberano mapuche no territorio coñecido como Wallmapu. O brazo armado da organización son os denominados Órganos de Resistencia Territorial (ORT), que efectúan actos de violencia política, reivindicando a loita armada como un método lexítimo para conseguir os seus obxectivos. É considerada por varios actores como unha organización terrorista.[3][4][5][6][7][8][9]

Fundada en febreiro de 1998 na localidade de Tranaquepe, a CAM emprega accións armadas como unha ferramenta política para alcanzar o seu proxecto político da reivindicación, a recuperación e a independencia de territorios do pobo mapuche sobre a xurisdición do estado de Chile.[10] Adxudicouse ao longo da súa historia diversos atentados incendiarios contra propiedade pública e privada, especialmente de empresas forestais, nas rexións do Biobío e Araucanía, ademais de recuperacións de terras mediante a toma e ocupación de fundos que reclaman como territorios mapuches usurpados.

O 31 de maio de 2022 a Cámara de Deputadas e Deputados de Chile, con 66 votos a favor, 43 en contra e 13 abstencións, aprobou un proxecto de resolución que solicita ao goberno do país declarar a CAM, os ORT e á Weichán Auka Mapu (WAM) como "asociacións ilícitas de carácter terrorista".[11][12] Foi considerada como unha organización de extrema esquerda por algúns medios e organizacións da sociedade civil.[13][14][9] A Contraloría Xeneral da República de Chile acolleu un recurso para declarar inconstitucional a chamada Coordinadora Arauco-Malleco.[15]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Ngüñelfe con fondo azul, unha das bandeiras tradicionais.

As orixes da CAM comezan en 1996, cando se creou a Coordinadora Territorial Lafquenche, nunha primeira intención de formar unha verdadeira grande alianza nacional pola reivindicación da nación mapuche. Porén, este grupo foise desarticulando pola discusión da utilización da violencia política como método de loita, até desarmarse en 1998.[16] Foi entón cando xurdiu Identidade Territorial Lafquenche, por unha solución máis pacífica, dirixida por Adolfo Millabur, quen foi alcalde de Tirúa.[16]

En 1998, xurdiu o conflito de Traiguén seguido da posterior realización dun encontro de comunidades e un guillatún, ou rogativa mapuche. Neste encontro participaron as comunidades en conflito de Arauco e Lumaco, a Coordinadora Mapuche de Santiago e a Organización Mapuche Meli Wixan Mapu de Santiago. Tamén se sumaron dirixentes pertencentes a comunidades de Collipulli. Durante este encontro, expúxose a idea de realizar unha nova xunta en Tranaquepe, só coas comunidades mapuches en conflito. Nun momento da reunión, xurdiu a idea de formar a Coordinadora que denominaron "Coordinadora Mapuche de Comunidades en Conflito Arauco-Malleco". Weftún, voz oficial da coordinadora, sinala que "os Lonko, Werken, persoas e organizacións que demostraran o seu compromiso coa loita reivindicativa, asentiron ao unísono, dicindo, formemos a coordinadora!".[17]

Nunha das primeiras declaracións emanadas dende a entidade, transcrita nunha nota en El Rodriguista, boletín dependente da Fronte Patriótica Manuel Rodríguez (FPMR) a raíz do incremento da protesta social dalgunhas comunidades mapuche, sinalouse que "é necesario emprender unha loita de liberación. Pero para que iso sexa posible é necesario primeiro crear unha correlación de forzas que se exprese no social, político, cultural, económico e militar (...) Se a futuro non se producen os cambios necesarios respecto dun Estado que nós denominamos opresor terá lugar necesariamente unha etapa de liberación nacional e isto é no plano político, cultural, económico e tamén no plano militar".[18] Ademais as 2200 comunidades indíxenas repartidas polo sur, 200 manteñen un conflito co goberno e as empresas forestais e agrícolas, en demanda das terras que aseguran que pertenceron aos seus devanceiros, acusando ás transnacionais de "colonialistas".[19]

De acordo ao historiador Fernando Pairican, unha das fontes intelectuais das que se nutriu a CAM durante os seus primeiros anos foron as sucesivas xeracións de antigos estudantes formados ao beirado do Fogar Pegún Dugún de Concepción. Este espazo foi formado a inicios da Transición chilena á democracia e, ademais de dar acubillo a estudantes das provincias de Arauco e Malleco, actuou como un espazo de encontro e, en ocasións, de radicalización, a partir das experiencias compartidas polos seus residentes.[20]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Pancarta a prol de Llaitul, na sede da UMCE en Santiago en 2008.

A coordinadora realizou reunións de traballo xunto con outras organizacións sociais, como un encontro co sindicato de traballadores forestais en 1999. As súas actividades tiveron unha significativa cobertura xornalística. Así mesmo, continuaron os encontros con distintas comunidades en conflito, sendo esta unha das súas principais actividades. En 2000, a Coordinadora Mapuche de Santiago escindiuse da coordinadora. En marzo de 2001, Meli Wixan Mapu solicitou un receso para reincorporarse en outubro do mesmo ano. Finalmente, en 2003, serias diferenzas no diagnóstico sobre a situación das mobilizacións mapuches distanciaron a Meli Wixan Mapu da CAM.[21] Nas décadas de 2000 e 2010, foi acusada pola xustiza de operacións terroristas e algúns dos seus membros foron encarcerados por este e outro tipo de actividades, incluíndo asociación ilícita.

Malia que no seu momento as vinculacións entre as FARC e a CAM foron catalogadas como falsas, ditas sospeitas aínda roldan con forza, existindo informes da Axencia Nacional de Intelixencia (ANI) que indican que estes lazos efectivamente existirían e que serían bastante extensos.[22] De igual maneira, acusouse á CAM de ter vínculos co EZLN e manifestaron apoio a outros proxectos autonomistas e independentistas revolucionarios por exemplo a ETA de España.[23][13] Pola súa banda, o fiscal Emiliano Arias investigou devandito vínculo, sinalando que membros da CAM adestraron en campamentos das FARC.[24] Así mesmo, aínda que o seu líder, Héctor Llaitul, foi parte da Fronte Patriótica Manuel Rodríguez (FPMR) e das mocidades do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR), non existe evidencia que vincule na actualidade á CAM con estas organizacións.[25] Porén, algúns dos seus antigos e actuais membros manifestaron o seu apoio público á causa desta organización.[26] Ademais desta polémica o grupo incrementou o seu poder de lume e a intensidade dos seus ataques, isto dito en comunicados.[27][28]

Operación Paciencia[editar | editar a fonte]

A Operación Paciencia foi un operativo de intelixencia realizada dende finais de 2002 a 2005 polo goberno de Ricardo Lagos, sendo unha das primeiras mobilizacións de continxente policial e unha cobertura dos medios ao redor dunha operación antiterrorista.[29] O seu obxectivo era desarticular os cadros máis activos da CAM, xa sendo encarcerados e procesados baixo a Lei antiterrorista. A operación recibiu un amplo apoio económico por parte das autoridades chilenas, implementando programas sociais en comunidades, así como un aumento nas violacións de morada, procesos e lei antiterrorista nas comunidades en conflito, enfrontadas en gran medida contra os donos de fundos e os forestais presentes na zona.[30][31]

Cómpre salientar que durante o avance do operativo foi polémico o avance e a militarización da Araucania, así como o asasinato de Alex Lemun no proceso, acendendo as alarmas en diversas organizacións a prol dos mapuches.[32][33][34] Os xuízos vólvense populares atraendo a atención da prensa e organizacións civís.[35][36][37] En 2007 estreouse o documental El juicio de Pascual Pichún, dirixido por María Teresa Larraín, onde se fala máis a profundidade do inicio do conflito mapuche, así como as cuestións culturais e sociais que caracterizarían o conflito en anos posteriores.[38][39]

Os primeiros arrestados foron Aniceto Norin, Pascual Pichun e Juan Ciriaco Millacheo, os cales foron acusados a dez anos de prisión polo cargo de "incendio terrorista", mais foron liberados por falta de probas, o cal alarmou a organizacións como a Corte Interamericana de Dereitos Humanos e Human Rights Watch, quen chamaron ás autoridades a reformular a súa estratexia.[40][41][42]

Escalada nos ataques[editar | editar a fonte]

O 17 de agosto do 2008 presuntos membros da CAM atacaron o fundo Santa Rosa, comuna de Vilcún propiedade do agricultor Eduardo Luschinger, curmán do coñecido agricultor e empresario Jorge Luschinger. Os guerrilleiros encapuchados, chegarían preto da media noite ao lugar, ameazando os gardas con armas de fogo para daquela amordazarlos e queimar o fundo, sendo afectada gran parte da propiedade, a leitería, a casa, dous pendellos, dous vehículos e preto de 10 mil fardos de forraxe.[43][44][45] Unha semana despois tres membros de Carabineros que realizaban operacións conxuntas para dar cos responsables dos ataques anteriores foron feridos despois de entrar na comunidade de Temucuicui, sendo expulsados polos residentes da zona, e danando os vehículos.[46]

Exemplo disto son os atentados do 31 de maio do 2009 onde foron incendiadas 3 instalacións correspondentes a oficinas e dependencias administrativas da transnacional ENDESA España, no Alto Biobío, no sector de Coihueco do lago Lleu-Lleu e a un campamento forestal de Mininco na Collipulli.[47][48] O 13 de setembro do 2009 militantes das O.R.T incendiaron o fundo Brasil, propiedade da latifundista Elsa Fernández Dez, destruíndo unha adega e a casa da dona, ademais de danos menores en dous tractores que non chegaron a incendiarse. O día seguinte Forzas Especiais de Carabineros ingresaron á comunidade Mateo Ñiripil no sector Muco Bajo a escasos quilómetros do Fundo Brasil. Na zona foron violadas varias vivendas e houbo enfrontamentos que remataron con 4 guerrilleiros feridos por impactos de perdigóns. O grupo clamou o ataque dous días despois e rexeitou a violación realizada polos Carabineros.[49][50] O 20 de outubro do 2009 guerrilleiros armados con artefactos incendiarios e armas de fogo incendiaron camións madeireiros, destruíndo dous camións e a súa carga, pero sen causar feridos, preto da localidade de Collipulli, Provincia de Malleco.[51] A Coordinadora Arauco-Malleco (CAM) atribuíuse a responsabilidade, sendo este ataque guerrilleiro unha declaración aberta de guerra ao estado chileno, ademais de anunciar que os seus militantes renunciaban á súa cidadanía chilena.[52][53][54]

Despois dun período de inactividade o grupo seguiu realizando ataques contra empresas agrícolas e Forestal Mininco,[55] sendo relevantes o ataque a un complexo turístico situado en Laguna Butaco, Tirúa pertencentes á daquela gobernadora da Provincia de Arauco Flor Weisse.[56][57] O 30 de decembro do 2011 guerrilleiros prenderon lume a un helicóptero do servizo forestal xunto coa queima de maquinaria forestal e un camión nun campamento do servizo forestal en sector de Voyeko próxima a Temuco. Logo de facelo, colocaron carteis en referencia á súa loita por recuperar terras ancestrais, clamando responsabilidade até o día 3 de xaneiro.[58][59][60] O 7 de marzo de 2012 militantes da O.R.T incendiaron 6 máquinas, 3 skyders e 3 trineumáticos, unha faena de forestal Mininco situada no fundo “El Puerto” sector Mahuilque, municipalidade de Contulmo.[61][62] O 20 de decembro de 2012 descoñecidos asasinan a tiros ao campesiño Osvaldo Aliro Zapata Gutiérrez, así como incendian o lugar onde traballaba na municipalidade de Cañete, Rexión de Biobío. Horas despois O.R.T negaron ser os autores do atentado dicindo "Que o campesiñado chileno non é nin será un obxectivo para as ORT-CAM, é máis, considerámolos ideolóxicamente un sector tamén oprimido polo sistema político económico imperante, por tanto temos un inimigo ideolóxico en común", deslindándose dos ataques ocorridos na zona.[63][64] Despois deste comunicado o grupo entrou nun período de inactividade que durou varios anos, orientando a súa actividade ao apoio de presos mapuches.[65]

Agudización do conflito[editar | editar a fonte]

Non foi até o 4 de xaneiro de 2017 cando a CAM se adxudicou o incendio de catro camións nos arredores da comuna de Lumaco, na Rexión de Bíobío, ademais de mostrar simpatía polos membros da Resistencia Ancestral Mapuche.[66][67][68] Meses despois, o 12 de marzo rexistrouse un ataque en contra da empresa Trans–Cavalieri, acción incendiaria que destruíu completamente 19 camións, 9 ramplas e un pendello na ruta que une Temuco con Lautaro. O grupo xustificou o atentado guerrilleiro "no xusto proceso de loita ideolóxica polo territorio e a autonomía de noso pobo-nación", recibindo grande atención dos medios por ser un dos atentados que máis danos deixou.[69][70][71][72]

Non foi até o 17 de xullo cando militantes guerrilleiros da CAM se adxudicaron os ataques que afectaron a Sigmund Wila e Viviana Parra, donos de terreos na zona, que deixou seis cabalos mortos, queima de maquinarias e danos estruturais.[73][74] O segundo ataque guerrilleiro que se adxudicou foi ao rancho Cahual en Quilaco, que deixou un tractor incendiado e un segundo con danos importantes.[75][76][73][74][77]

Despois de varios meses de estar inactivos o grupo reclamou a responsabilidade dun ataque incendiario contra as instalacións de Forestal Anchile, isto na comuna de Río Negro, Provincia de Osorno, deixando dez máquinas completamente incendiadas, así como un colector situado na zona.[78][79] De igual maneira adxudicáronse o ataque contra unha máquina colleiteira e unha camioneta queimadas, isto nun fundo en San Juan de la Costa (en provincia de Osorno), así como o ataque ao fundo San Antonio da forestal Arauco no sector Hueima, comuna de Lanco, Rexión de Los Ríos o cal deixou como resultado unha torre madeireira, un trineumático e dous colectores incinerados.[80][81][82] Días despois as CAM adxudicáronse a toma do Fundo Choque sector Paillaco, provincia de Arauco, o cal consta de máis de 10.000 hectáreas, mencionando que a área a usarían con fins políticos e sociais.[83]

O 25 de agosto do 2018 membros da ORT Kilapan atacaron as instalacións da empresa de áridos Calafquen (na comuna do mesmo nome) deixando 3 retroexcavadoras, 1 cargador frontal e 2 camións totalmente incendiados, mentres que a ORT lafkenche-Leftraru atacaron o sector El Topo da comuna de Curanilahue, deixando 2 camións e 1 camión guindastre totalmente incinerados.[84][85] O 20 de setembro do mesmo ano a CAM adxudícase un atentado incendiario no sector Trongol, comuna de Los Álamos, deixando como saldo 3 escavadoras, 1 retroescavadora e 1 cargador frontal incinerados.[86][87]

Semanas máis tarde as CAM adxudicáronse un ataque no sector El Descabezado (Curanilahue), deixando como saldo 3 maquinarias e un colector destruídas. O grupo mencionou que o ataque foi en resposta da morte de Camilo Catrillanca, así como o seu rexeitamento ao investimento no «Wallmapu» e outros plans de desenvolvemento na rexión, e chamando ás comunidades mapuches a "non caer no engano".[88] O 26 de decembro o grupo lanzou un comunicado á mantenta do 20 aniversario da CAM, así como un repaso por algúns sucesos como o primeiro atentado das CAM en Lumaco, a chamada Operación Paciencia, a morte de Matías Catrileo, a consolidación dos ORT como estruturas operativas e do weichafe como suxeito político e o rexurdimento das CAM durante os anos 2010. O comunicado acaba co grupo mencionando o seu desexo de "Liberación Nacional Mapuche", a través do control territorial e da participación máis ampla da poboación.[89] O 6 de febreiro o grupo lanzou un comunicado onde sinalou que as negociacións entre algunhas comunidades mapuches e Forestal Mininco non eran máis que unha farsa e só era unha maneira máis discreta de apropiarse de máis territorio".[90][91]

A mediados de xullo de 2021, a CAM publicou un comunicado onde se pronunciou sobre a morte de Pablo Marchant (a cal responsabilizan ás autoridades chilenas de homicidio), destacando a súa entrega dentro da organización e a causa mapuche.[92][93] Ademais diso, o escrito afonda sobre as posturas da CAM e adxudícase varios ataques cometidos dende decembro do ano anterior.[94] A CAM publicou un comunicado en decembro de 2021, rexeitando a presidencia de Gabriel Boric, chamándoo “hippie, progre, boa onda”. Ademais anunciou que a agrupación seguirá mobilizándose mentres o estado chileno tente confrontar á causa mapuche.[95][96]

En comunicados superiores, a CAM mantén a súa postura fronte ao novo goberno, acusándoo de non querer chegar á resolución do conflito, senón querer lexitimar o seu poder en terras mapuches.[97][98][99] En novembro de 2022, o presidente Gabriel Boric realizou a súa primeira viaxe á Araucania, no medio de fortes protestas en rexeitamento á visita do actual mandatario, xa que se reuniu con vítimas de violencia rural na comuna de Angol, así como con empresarios, alcaldes e representantes civís.[100][101][102] A CAM tamén se pronunciou en contra da visita do mandatario, a cal cualificou como unha provocación, ademais de alentar ás protestas e mobilizacións.[103]

Arrestos[editar | editar a fonte]

O 8 de novembro de 2019 foi arrestado o fillo de Héctor Llaitul polo delito de roubo con intimidación nun comercio. A súa nai, Pamela Pezoa, acusou a través de redes sociais que foi detido por policías de civil sen identificación nunha camioneta sen patente, polo que teorizou unha persecución política contra a familia do activista.[104][104][105]

Llaitul (con máscara) durante a súa detención en 2022.

Non é até o 24 de agosto do 2022 cando é arrestado outra vez Héctor Llaitul, isto por unha investigación en cumprimento dunha orde do Ministerio Público que o investiga por presuntos delitos terroristas. O seu arresto ocorreu na cidade de Cañete.[106][107][108] Ante este arresto, a CAM pronunciouse ao arresto como unha persecución política en contra do proxecto político da CAM, ademais de que a súa captura responde os intereses das empresas forestais,[109] ademais de estar atento ao proceso xudicial do líder mapuche.[110]

Semanas despois, a CAM tamén se pronunciou polos arrestos de Ernesto Lliatul, Ricardo Delgado Reinao e Esteban Henríquez, ocorrido o 2 de setembro do 2022 por un ataque incendiario na comuna Los Ángeles, así como outros atentados nos que poden estar relacionados.[111][112][113] A CAM declarou que isto seguía sendo parte da ofensiva en contra da guerrilla mapuche,[114] especialmente pola decisión de que os detidos sigan baixo custodia.[115]

Control territorial[editar | editar a fonte]

Durante os anos de actividade da Coordinadora, comunidades mapuches das VIII e IX rexións de Chile usaron métodos tanto violentos como pacíficos para facerse co control de 17 mil hectáreas de terras até daquela en mans de empresas forestais e terratenentes. Para a CAM e os seus adherentes, estas accións son consideradas como actos de recuperación das terras usurpadas ás comunidades mapuches, mentres que as empresas forestais e terratenentes ven estes actos como accións de grupos violentos con carácter terrorista. Parte destas accións de control territorial foron impulsadas directamente pola Coordinadora, mentres que outras foron realizadas en forma espontánea polas propias comunidades en conflito.[116]

O control territorial e a autonomía son as bases da estratexia organizativa da Coordinadora, de acordo co chamado "proceso de liberación nacional mapuche".[117]

Até o ano 2008, a CAM adxudicouse 115 accións en predios forestais e realizou 59 operacións incendiarias a vehículos e enfrontamentos con Carabineros, agricultores e persoal xudicial, ademais de 39 intentos de tomas de terreo, a maioría sen éxito.[118] En xaneiro de 2012, o ministro do Interior e Seguridade Pública Rodrigo Hinzpeter atribuíulle á CAM os incendios forestais que se desenvolvían na Araucania invocando a Lei Antiterrorista.[119]

En agosto de 2019 a coordinadora publicou un libro denominado Chem Ka Rakiduam o cal relata os seus testemuños e dá a coñecer a súa ideoloxía e loita, mostrando unha visión máis íntima da organización.[120][121]

Contactos internacionais[editar | editar a fonte]

En decembro de 2018, Héctor Llaitul viaxou a Caracas, Venezuela, en compaña dunha comitiva para reunirse con dirixentes do goberno do presidente Nicolás Maduro, xunto a outros dirixentes vinculados á esquerda latinoamericana.[122] En devandita oportunidade, o chanceler dese país Jorge Arreaza expresou a súa solidariedade coas causas e loitas do pobo mapuche.[123] Así mesmo, sostivo reunións con diferentes líderes oficialistas venezolanos, entre os que se contan Diosdado Cabello, e Adán Chávez, irmán de Hugo Chávez.[124]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Héctor Llaitul: vocero mapuche de la CAM declara en entrevista que no le simpatiza la Izquierda Chilena". Werkén Noticias. 24 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  2. González, Osvaldo (abril de 2002). ""La lucha mapuche es nacionalista, anticapitalista y revolucionaria"". Nodo50. Nuestra lucha por la independencia, por la autodeterminación es tomar el planteamiento histórico de nuestro pueblo para mantenerse y seguir siendo pueblo 
  3. Pérez, Rodrigo (17 de xullo de 2021). "Interior explicó querella a la CAM y condenó ataque a exlíder de la organización". La Nación (Comunicaciones Lanet S.A.). Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  4. Vallejos, Leonardo (17 de xullo de 2021). "Gobierno amplía querella contra la CAM y pide citar como imputados a sus líderes Llaitul y Pichun". El Mercurio (El Mercurio S.A.P.). Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  5. "Terrorismo en La Araucanía?" (PDF). Libertad y Desarrollo. Consultado o 2020-03-08. 
  6. "Piñera aseguró que la CAM es terrorista y está financiada desde el exterior". Agenda Agrícola (CNN Chile). 8 de outubro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  7. Francisca Escalona (2022-01-05). "Por qué la CAM es definida como una organización terrorista". El Libero. Consultado o 2022-05-11. 
  8. "Líder de la CAM Héctor Llaitul dice que gobierno chileno "arremete contra enemigos del capital"". El Mostrador. 2021-10-10. Consultado o 2022-05-11. 
  9. 9,0 9,1 FJG, Comunicaciones (2022-08-26). "Detienen a un terrorista mapuche a una semana del plebiscito constitucional". Fundación Jaime Guzmán (en castelán). Consultado o 2022-09-05. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  11. "Proyecto de Resolución N° 128". 
  12. S, Rodrigo Gómez (2022-06-01). "Cámara de Diputados declara a la CAM y otras tres organizaciones radicales como “asociaciones ilícitas de carácter terrorista”". La Tercera. Consultado o 2022-06-03. 
  13. 13,0 13,1 admin (2002-12-06). "CHILE: Empresario de ultraderecha tensiona conflicto mapuche". IPS Agencia de Noticias (en castelán). Consultado o 2022-09-05. 
  14. Avendaño, Emily (2021-03-30). "La decadencia de Héctor Llaitul: se multiplican las células radicales y la WAM gana territorio". El Líbero (en castelán). Consultado o 2022-09-05. 
  15. pauta. "Tribunal Constitucional admite recurso que busca declarar inconstitucional a la Coordinadora Arauco Malleco". pauta (en castelán). Consultado o 2023-03-25. 
  16. 16,0 16,1 "Qué es la Cordinadora Arauco Malleco (CAM)". Mala Espina (en castelán). 2022-08-05. Consultado o 2022-08-31. 
  17. II parte de la Historia de la CAM. en Weftun.
  18. "Las forestales tendrán que irse de nuestros territorios" (PDF). El Rodriguista. decembro de 1997. 
  19. Fuentes, Manuel (2009-11-13). ""Queremos la autonomía de los vascos y catalanes", dice líder mapuche preso". El Mundo (España). Consultado o 2022-05-23. 
  20. Pairican Padilla, Fernando (2013). Malon: la rebelión del movimiento Mapuche, 1990-2013. Pehuén. ISBN 978-956-16-0610-4. OCLC 1049772278. Consultado o 2022-07-16. 
  21. [Declaración Oficial. De nuestra relación con la organización Coordinadora Arauco Malleco http://meli.mapuches.org/article.php3?id_article=214 Arquivado 19 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.].
  22. "Chile’s image of stability undercut by extremist links". The Washington Times (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  23. Cooperativa.cl. "Gobierno duda del carácter mapuche de la Coordinadora Arauco Malleco". Cooperativa.cl (en castelán). Consultado o 2022-09-05. 
  24. "Fiscal que investigó el vínculo con las FARC: "No interrogué a comunistas"". El Mercurio. 1 de agosto de 2015. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  25. Schuler, Úrsula (29 de setembro de 2017). "Llaitul según Llaitul". Teletrece. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  26. Márquez, Tania (29 de agosto de 2008). "Miristas y frentistas confirman apoyo a la causa mapuche". El Austral de Temuco (Australtemuco.cl). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  27. "Ataque al Campamento El Guairao". Cedema. Consultado o 2020-12-25. 
  28. "Ataque al campamento de Forestal Mininco". Cedema. Consultado o 2020-12-25. 
  29. "El discurso intercultural como campo de disputa: ‘terrorismo mapuche’ y dispositivo pedagógico de etnicidad". Revista Historia y Justicia. Consultado o 2021-07-09. 
  30. "Operación Huracán y Operación Paciencia, la opción por el Terrorismo de Estado". Mapu Express. Consultado o 2021-07-09. 
  31. "Xampurria". Santiago. Consultado o 2021-07-09. 
  32. "De la lucha territorial a la lucha por la libertad:La prisión política Mapuche como mecanismo contrainsurgente". Debates Indigenas. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2023. Consultado o 2021-07-09. 
  33. "La xenofobia de Carabineros". El Mostrador. Consultado o 2021-07-09. 
  34. "NOVIEMBRE: LOS ASESINATOS DE ALEX LEMÚN Y CAMILO CATRILLANCA". Radio JGM. Consultado o 2021-07-09. 
  35. "Caso Loncos: Suprema deja sin efecto las sentencias y se somete a lo dictaminado por Corte Interamericana de Derechos Humanos". Araucania Cuenta. Consultado o 2021-09-11. 
  36. "Chile: Entrevista exclusiva a Pascual Pichún Collonao desde la cárcel de Traiguén". Servindi. Consultado o 2021-09-11. 
  37. "Lonko Aniceto Norín sobre violencia en La Araucanía: “Aquí están los partidos políticos metidos, y también los narco”". El Líbero. Consultado o 2021-09-11. 
  38. "El juicio de Pascual Pichún". Hemispheric Institute. Consultado o 2021-09-11. 
  39. "El juicio de Pascual Pichún (2007)". Cine Chile. Consultado o 2021-09-11. 
  40. "CASO NORÍN CATRIMÁN Y OTROS (DIRIGENTES, MIEMBROS Y ACTIVISTA DEL PUEBLO INDÍGENA MAPUCHE) VS. CHILE" (PDF). Corte Interamericana de Derechos Humanos. Consultado o 2021-07-09. 
  41. "Chile: Mapuches condenados por "terrorismo"". Humans Right Watch. Consultado o 2021-07-09. 
  42. "Indebido Proceso:Los juicios antiterroristas, los tribunales militares y los Mapuche en el sur de Chile". Humans Right Watch. Consultado o 2021-07-09. 
  43. "Queman casa de agricultor y galpones en predio de La Araucanía". Emol.com. Consultado o 2021-07-24. 
  44. "Grupo de encapuchados incendió un fundo en Vilcún". Cooperativa.cl. Consultado o 2021-07-24. 
  45. "Encapuchados incendiaron fundo en Vilcún". ADN Radio. Consultado o 2021-07-24. 
  46. "Allanamiento en comunidad mapuche dejan tres carabineros heridos". El Mostrador.cl. Consultado o 2021-07-24. 
  47. "Órganos de Resistencia reivindican ataques en el Alto Bío-Bío, Lleu Lleu y Collipulli". Cedema. Consultado o 2020-12-25. 
  48. "Informe sobre tortura y prisión política a luchadores sociales mapuche" (PDF). Centro de Estudios Miguel Enriquez. Consultado o 2020-12-25. 
  49. "Encapuchados traen el miedo a fundo Brasil". El Austral. Consultado o 2020-12-25. 
  50. "Acciones de resistencia en contra de la latifundista Elsa Fernández". Cedema. Consultado o 2020-12-25. 
  51. "Indigenous Militants Burn Trucks in Southern Chile". Latin American Herald Tribune. Consultado o 2020-12-25. 
  52. "Grupo narco guerrilero mapuche "declara guerra" al estado chileno". BBC News. Consultado o 2020-12-25. 
  53. "Declaración de guerra a la República de Chile". Cedema. Consultado o 2020-12-25. 
  54. "Coordinadora Arauco Malleco le acaba de declarar la guerra al estado chileno". Pessenza. Consultado o 2020-12-25. 
  55. "Reivindicación de ataques incendiarios en territorios mapuches". Cedema. Consultado o 2020-12-28. 
  56. "Incendio consume cabaña de veraneo de familia de Gobernadora de Arauco". Bío Bío Chile. Consultado o 2020-12-28. 
  57. "Ataque incendiario a complejo turístico en Tirúa". Cedema. Consultado o 2020-12-28. 
  58. "Coordinadora Arauco Malleco reivindica quema de helicóptero en Victoria". EMOL. 5 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2012. 
  59. Ministro Chadwick reafirma que incendios fueron intencionales y dice que "gobierno no atribuye responsabilidades" Arquivado 20 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.. La Tercera.
  60. "A nuestro Pueblo Nación y a la Opinión Pública en general". Cedema. Consultado o 2020-12-28. 
  61. "Comunicado Público: La CAM se adjudica atentado a maquinarias forestales en Contulmo". Arauco.tv. Consultado o 2020-12-28. 
  62. "Ataque incendiario contra maquinaria forestal". Cedema. Consultado o 2020-12-28. 
  63. "Ataque a fundo terminó con un cuidador muerto en Cañete". Cooperativa.cl. Consultado o 2020-12-28. 
  64. "Comunicado público ante la muerte del campesino Osvaldo Zapata". Cedema. Consultado o 2020-12-28. 
  65. "Mapuche resistiendo al capital y al Estado. El caso de la Coordinadora Arauco Malleco en Chile". Latinoamérica. Revista de estudios Latinoamericanos. Consultado o 2020-03-08. 
  66. "Coordinadora Arauco Malleco se adjudica quema de camiones en Lumaco". Radio U Chile. Consultado o 2020-03-08. 
  67. "Coordinadora Arauco Malleco se adjudica la quema de camiones en Lumaco". The clinic.ch. Consultado o 2020-03-08. 
  68. "Comunicado CAM y ORT". Cedema. Consultado o 2020-03-08. 
  69. "Reivindicación de acciones de sabotaje del ORT Wenteche-Catrileo". Cedema. Consultado o 2021-03-08. 
  70. "Coordinadora Arauco Malleco se adjudicó ataque a 19 camiones en La Araucanía". Epicentro Chile. Consultado o 2020-03-08. 
  71. "CAM se adjudica ataque que afectó a 19 camiones en La Araucanía". La Tercera. Consultado o 2020-03-08. 
  72. "La CAM se adjudica ataque a empresa de camiones en la Araucanía". El Mostrador. Consultado o 2020-03-08. 
  73. 73,0 73,1 "El ORT Pewenche Lientur reivindica acción de sabotaje". Cedema. Consultado o 2020-03-08. 
  74. 74,0 74,1 "Una organización mapuche se adjudica los ataques incendiarios en el sur de Chile". Agencia Efe. Consultado o 2020-03-08. 
  75. "La CAM se adjudica ataques incendiarios cometidos en el sur del país". Diario el día. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2021. Consultado o 2020-03-08. 
  76. "Organización mapuche se adjudica ataques incendiarios en el sur de Chile". El Comercio (en castelán). Consultado o 2023-11-17. 
  77. "El ORT Pewenche Lientur reivindica acción de sabotaje". Cedema. Consultado o 2021-07-06. 
  78. "Ataque incendiario en Río Negro: queman 10 máquinas de forestal Anchile". Publimetro. Consultado o 2021-07-07. 
  79. "Ataque incendiario en Río Negro: Queman 10 máquinas de forestal Anchile". Puranoticia. 2018-01-01. Consultado o 2022-05-23. 
  80. Manuel Cabrera (2020-01-23). "Coordinadora Arauco Malleco (CAM) se adjudica 6 ataques incendiarios en tres regiones del país". BioBioChile. Consultado o 2022-05-23. 
  81. "Acciones de sabotaje contra Anchile y Forestal Arauco". Cedema. Consultado o 2021-07-07. 
  82. "Carabineros investiga posible atentado en predio de Forestal Arauco en Lanco". Cooperativa.cl. Consultado o 2021-07-07. 
  83. "Proceso de recuperación en el Fundo Choque en manos de la Forestal Mininco". Cedema. Consultado o 2021-07-07. 
  84. "Acciones de sabotaje en sectores Calafquén y El Topo". Cedema. Consultado o 2021-07-07. 
  85. "Coordinadora Arauco Malleco se adjudicó ataques incendiarios ocurridos la madrugada del viernes". CNN Chile. Consultado o 2021-07-07. 
  86. "Acción de sabotaje en el sector Trongol contra la industria forestal". Cedema. Consultado o 2021-07-09. 
  87. "Denuncian ataque incendiario contra cinco máquinas forestales en Los Álamos". Cooperativa.cl. Consultado o 2021-07-09. 
  88. "CAM se adjudica ataque incendiario en Curanilahue en repudio al crimen de Catrillanca". El Mostrador.cl. Consultado o 2021-07-09. 
  89. "Apuntes para una historia de la CAM desde la CAM". Cedema. Consultado o 2021-07-09. 
  90. "Frente a las negociaciones de Forestal Mininco con comunidades y dirigentes mapuche". Cedema. Consultado o 2021-07-09. 
  91. "CAM: «Frente a la intervención y las negociaciones que actualmente está realizando la empresa forestal Mininco en territorio lavkenche»". Piensa Chile. Consultado o 2021-07-09. 
  92. "Caso Pablo Marchant: revelan ampliación de autopsia que contradice informe anterior y presencia de dos generales de Carabineros en el lugar". El Mostrador. Consultado o 2022-08-31. 
  93. "Quien era Pablo Marchant, el weichafe de la CAM asesinado en un fundo de Mininco este viernes". Interferencia. Consultado o 2022-08-31. 
  94. "CAM reivindica al weichafe Pablo Marchant, asume acciones de resistencia y fija la hoja de ruta para el periodo actual". Cedema. Consultado o 2022-08-31. 
  95. "Ni con la derecha ni con el progresismo servil. La CAM frente al escenario actual de la lucha mapuche revolucionaria". Cedema. Consultado o 2022-09-05. 
  96. "Movimiento radical mapuche rechaza a Gabriel Boric por “hippie, progre, buena onda” y reivindica “la violencia política”". Infobae Noticias. Consultado o 2022-09-05. 
  97. "Pronunciamiento de la CAM ante las nuevas tácticas asimilacionistas e indigenistas de las élites y Gabriel Boric". Cedema. Consultado o 2023-01-04. 
  98. "Frente al escenario sociopolítico actual". Cedema. Consultado o 2023-01-04. 
  99. "¡Al gran capital, no se le da tregua! [Carta abierta de la CAM]". Cedema. Consultado o 2023-01-04. 
  100. "Presidente Gabriel Boric llegó por primera vez a La Araucanía durante su mandato". Radio U Chile. Consultado o 2023-01-05. 
  101. "“Boric no eres bienvenido en el Wallmapu”: Presidente es recibido con cortes en rutas y manifestaciones en primer viaje a La Araucanía". ADN Radio. Consultado o 2023-01-05. 
  102. "Con un alto contingente de seguridad: Presidente Boric llega este jueves a La Araucanía". ADN Radio. Consultado o 2023-01-05. 
  103. "Declaración de la CAM ante la visita de Boric al Wallmapu". Cedema. Consultado o 2023-01-05. 
  104. 104,0 104,1 "Carabineros detuvo al hijo de Héctor Llaitul como sospechoso de robar un local". Cooperativa.cl. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  105. "Detienen por robo con intimidación a hijo de Héctor Llaitul: familia acusa actuar ilegal de policía". Bio Bio Chile. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  106. "Prisión preventiva a insurgente mapuche Héctor Llaitul". La Jornada. Consultado o 2023-01-05. 
  107. "Detienen en Chile a Héctor Llaitul, líder de organización radical mapuche". La Jornada. Consultado o 2023-01-05. 
  108. "Héctor Llaitul es detenido en Cañete por delitos contra Ley de Seguridad del Estado". El Mostrador. Consultado o 2023-01-05. 
  109. "Comunicado ante la detención de Héctor Llaitul Carrillanca". Cedema. Consultado o 2023-01-05. 
  110. "Declaración pública de la CAM". Cedema. Consultado o 2023-01-05. 
  111. "Corte confirmó la prisión de compañeros de hijo de Héctor Llaitul, que no apeló". Cooperativa.cl. Consultado o 2023-01-05. 
  112. "Hijo del líder de la CAM, Ernesto Llaitul, quedó en prisión preventiva por ataque incendiario en Los Ángeles". El Mostrador. Consultado o 2023-01-05. 
  113. "Gobierno arremete contra los presos políticos mapuche". Diario Revolución. Consultado o 2023-01-05. 
  114. "Declaración de la CAM ante las últimas detenciones". Cedema. Consultado o 2023-01-05. 
  115. "Ernesto Llaitul seguirá en prisión preventiva: Corte de Apelaciones revierte decisión del juzgado de". La Tercera. Consultado o 2023-01-05. 
  116. "La Nueva Guerra de Arauco: la Coordinadora Arauco-Malleco y los nuevos movimientos de resistencia mapuche en el Chile de la Concertación (1997-2009)" (PDF). Revista Izquierdas. Consultado o 2020-12-28. 
  117. "Esta Tierra es nuestra". Revista Punto Final. Consultado o 12 de agosto de 2022. [Ligazón morta]
  118. "Tácticas "antiguerrilla" y refuerzos planea Carabineros para aplacar zona mapuche". P. Lezaeta, I. Fredes y H.Ávalos. El Mercurio, 19 de agosto de 2008, p. C8.
  119. "Agrupación de ONG critica dichos de Hinzpeter por incendios y cuestiona uso de ley antiterrorista". La Tercera. 7 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  120. "CAM relata su pensamiento y acción con libro que incluye testimonios de su lucha territorial". Radio UChile. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  121. "VIDEO Héctor Llaitul dispara contra Michelle Bachelet: “Tiene una experiencia nefasta con nuestro pueblo”". El Dinamo. Consultado o 12 de decembro e 2019. 
  122. Alandete, David. "Los líderes paramilitares que conspiran desde Caracas para desestabilizar Iberoamérica". ABC. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  123. "Canciller venezolano tras reunión con Héctor Llaitul: "Toda nuestra solidaridad con sus causas y luchas"". El Mostrador (Elmostrador.cl). 15 de decembro de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  124. Agencia UNO (14 de decembro de 2018). "Héctor Llaitul es recibido en Caracas por el canciller de Venezuela y un hermano de Chávez". 24 Horas Chile (24horas.cl). Consultado o 18 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]