Temuco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°45′00″S 72°40′00″W / 38.75000°S 72.66667°W / -38.75000; -72.66667

A situación de Temuco na IX rexión.
A cidade de Temuco.

Temuco é unha cidade chilena, comuna e municipio da Provincia de Cautín, na IX Rexión de Araucanía. Tamén é capital da rexión e da provincia. Segundo o censo INE de 2002, a comuna tiña un total de 245.347 habitantes, unha superficie de 464 km² e unha densidade de poboación de 529 hab/km². A distancia en liña recta entre a cidade de Santiago de Chile e Temuco é de 619,50 km, pero a distancia de ruta é de 675 quilómetros.

Descrición[editar | editar a fonte]

Temuco fundouse como forte no 1881 por Manuel Recabarren, debido á súa configuración de contorna e localización na zona central do val da actual rexión, isto levou á creación posterior dunha estación ferroviaria. Ten tamén unha das áreas protexidas máis importantes do val da Araucanía, o Monumento Natural Cerro Ñielol que se topa nas proximidades da Praza de Armas da cidade, onde son visibles algúns dos últimos bosques do val central da Araucanía.

En termos de educación, a comuna ten colexios e tres universidades, a Universidade da Frontera, a Universidade Católica de Temuco e a Universidade Autónoma de Chile.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Temuco Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]