Adolfo Millabur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Millabur

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Tirúa, Chile (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro da Convención Constitucional chilena
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022
Alcalde Tirúa (pt) Traducir
2012 – 8 de xaneiro de 2021 – José Linco Garrido (en) Traducir →
Alcalde Tirúa (pt) Traducir
1996 – 2004 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata

Facebook: AdolfoMillaburOficial Twitter: MillaburAdolfo Instagram: adolfomillabur Youtube: UCfqaIcJcbPuGlpyRnhdAspw Editar o valor em Wikidata

Adolfo Nonato Millabur Ñancuil, nado en Tirúa, Arauco, o 30 de agosto de 1966, é un dirixente social e político chileno de orixe mapuche-lafkenche oriúndo de Tirúa, cidade da que foi alcalde en cinco períodos, sendo así o primeiro alcalde de orixe mapuche da historia de Chile.

En 2021 foi elixido para a Convención Constitucional por un dos escanos reservados ao pobo mapuche.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1992, foi eixido concelleiro da comuna de Tirúa. Malia que nesas eleccións obtivo a primeira maioría como candidato a alcalde independente, a lexislación electoral da época impediulle ocupar o escano de xefe comunal.[1] Sendo concelleiro, en 1996 volveuse postular á alcaldía, conseguindo o cargo. Foi o primeiro alcalde mapuche da historia de Chile.[2] Logo sería reelixido como alcalde catro veces (non consecutivas). Nunca militou nun partido político.

A mediados dos anos 1990, iniciou xunto a outros mozos e dirixentes da zona de Arauco e Araucanía diferentes accións organizativas ao redor dos problemas que a Lei de Pesca estaba a traer para as comunidades mapuche lafkenche, conformándose finalmente a Identidade Terriorial Lafkenche (ITL), organización dedicada á defensa da autonomía do pobo mapuche, a recuperación dos territorios e a defensa do bordo costeiro.[3][4]

En 2008 a ITL logrou a publicación da Lei Nº 20.249, máis coñecida como Lei Lafkenche, que crea a figura xurídica do espazo costeiro mariño dos pobos orixinarios e estabelece un mecanismo para protexer as costas da industria extractivista. O obxectivo da lei é preservar o uso consuetudinario de devanditos espazos.

Dende 2006, as comunidades mapuche lafkenche que participan na ITL reúnense cada dous anos no Congreso Lafkenche, un encontro que itinera de costa en costa para definir e avanzar en metas de traballo conxunto organizativo. No primeiro evento realizado en Valdivia, acordouse que non se loitaría polo recoñecemento na Constitución de 1980, senón por unha nova Constitución que fose democrática, plurinacional e intercultural.[5]

En 2009 conseguiron a aprobación dun decreto no marco da Lei Xeral de Educación que implementa o ensino de linguas orixinarias nas escolas cun 20% de alumnado pertencente a estes grupos.

Tras o estalido social de 2019, Adolfo Millabur foi parte do grupo que loitou pola creación de escanos reservados para pobos orixinarios na Convención Constitucional que redactaría a nova Constitución. Adolfo Millabur renunciou ao seu cargo como alcalde de Tirúa o 8 de xaneiro de 2021 para postularse como candidato á Convención Constitucional na elección de maio dese ano polos escanos reservados para os pobos orixinarios.[6] Resultou elixido coa terceira maioría nacional dentro dos escanos mapuches, antecedido pola machi Francisca Linconao e Natividad Llanquileo; transformándose así no único home que se converteu en constituínte mapuche por escanos reservados sen necesidade de recorrer á corrección por «principio de paridade».[7][8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Sandra Ibarra e ten un fillo vivo, xa que o seu outro fillo, Licán Millabur Ibarra, foi atopado morto en marzo de 2019 nos arredores do lago Lleulleu, con sinais de ter cometido suicidio á idade de 24 anos.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Venegas, María Angélica (4 de agosto de 1999). "Mapuches famosos". El Mercurio. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  2. Revista Nos (23 de setembro de 2014). "Alcalde Adolfo Millabur: "Es tiempo de ponernos de pie"". Revista Nos (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  3. Prensa Identidad Lafkenche (24 de decembro de 2020). "Comunidades Lafkenche proclaman a Adolfo Millabur como candidato a constituyente indígena". Pais Lobo. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  4. Millabur Ñancuil, Adolfo (4 de decembro de 2012). "Los lafkenche y la ley de Pesca: ¿Por qué marchamos?". The Clinic. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  5. Mostrador, El (2021-12-14). "Congreso Lafkenche reúne a más de 400 mapuches para trabajar en iniciativas populares de norma constitucional". El Mostrador (en castelán). Consultado o 2022-01-23. 
  6. TBB (10 de xaneiro de 2021). "Alcalde Millabur deja su cargo en municipio de Tirúa para postular como constituyente". Tribunal del Biobío. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  7. 24Horas.cl Tvn (17 de maio de 2021). "Francisca Linconao es confirmada constituyente con primera mayoría en el pueblo mapuche". 24 Horas. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  8. Vera, Alejandra (18 de maio de 2021). "Llanquileo y Millabur: Dos representantes del pueblo mapuche que van desde Biobío a la Convención Constitucional". Radio UdeC. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  9. Cooperativa.cl, ed. (8 de marzo de 2019). "Encontraron muerto al hijo del alcalde de Tirúa" (en castelán). Consultado o 18/5/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]