Lumaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLumaco
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°09′S 72°55′O / -38.15, -72.92Coordenadas: 38°09′S 72°55′O / -38.15, -72.92
EstadoChile
RexiónRexión de Araucanía
ProvinciaProvincia de Malleco Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.119 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude118 m Editar o valor em Wikidata

Páxina webmunilumaco.cl Editar o valor em Wikidata

Lumaco (do mapuche: Lumako; ‘auga de luma’) é unha comuna da zona sur de Chile, situada ao suroeste da provincia de Malleco na Rexión de Araucanía. Atópase sobre a conca do río homónimo, nunha superficie bordeada pola cordilleira de Nahuelbuta, situándose a uns 53 km da súa capital provincial, Angol. Dentro da área comunal atópanse tres núcleos urbanos: Lumaco urbano, Capitán Pastene e Pichi Pellahuén.

Integra xunto ás comunas de Angol, Collipulli, Curacautín, Ercilla, Lonquimay, Los Sauces, Purén, Renaico, Traiguén e Victoria (da Provincia de Malleco); Galvarino, Lautaro, Melipeuco, Perquenco e Vilcún (da Provincia de Cautín); o distrito electoral N° 22 que elixe a catro deputados. Así mesmo, pertence á XI Circunscrición Senatorial que comprende á Rexión de Araucanía que conta con cinco escanos no Senado.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Lumaco sitúase a 120 km ao noroeste da capital rexional, Temuco. Limita ao norte con Purén e Los Sauces, ao leste con Traiguén e Galvarino, ao sur con Imperial e Carahue, e ao oeste con Tirúa e Contulmo, sendo limítrofe coa provincia de Arauco.

Entre os séculos XVI e XVII, Lumaco foi escenario de grandes batallas e enfrontamentos entre o pobo orixinario mapuche do grupo nagche e os conquistadores españois do Reino de Chile. Os españois explotaron lavadoiros de ouro usando aos mapuche como escravos.

O Gobernador español Martín García Óñez de Loyola construíu o Forte Español Lumaco en 1597, sendo destruído no inverno seguinte polo Fuxa Toki Paillamapu. O 23 de decembro de 1598, Loyola morre sorprendido en Kuralaba a beiras do río Lumaco, por un pequeno exército mapuche ao mando dos toqui Pelöntrarü, Huaiquimilla e Ankanamün.

Esta zona é moi rica culturalmente pois nela conviviron, de maneira especial os mapuche e descendentes italianos centenarios, quen a partir de 1904 chegaron a estas terras desde a rexión Emilia-Romaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cooperativa.cl (ed.). "Cómo será el nuevo sistema electoral de Chile, en Cooperativa". Consultado o 25 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]