Col de Bruxelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
col de Bruxelas
Rebentos ou nabizas da col de Bruxelas
Rebentos ou nabizas da col de Bruxelas
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: 'Brassica'
Especie: ''B. oleracea''
Nome binomial
''Brassica oleracea''
L.

As coles de Bruxelas ou coias de Bruxelas[1] (do Grupo Gemmifera de Brassica oleracea; o seu nome científico é Brassica oleracea var. gemmifera) é un grupo cultivar (sobre todo en inverno) das coles caracterizado polo seu pequeno diámetro (xeralmente de 2.5-4 cm de diámetro) que se asemella a repolos miúdos. O nome débese ao seu lugar orixinario de cultivo, non por mor a que sexan sonadas na vila de Bruxelas. É coñecida polo seu alto contido en Vitamina A e C e ácido fólico.

Como cultivo moderno que é, en Galiza introduciuse hai poucas décadas como alimento. O sabor é semellante ao do repolo e os grelos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Tecnicamente son gomos que aparecen no caule da planta e que se apañan cando teñen unha textura firme e unha cor verde intensa (existen variedades con cores vermellas e/ou moradas). O bordo das follas que cobre o núcleo central pode ter cor lixeiramente amarelenta. O sabor é xeralmente algo doce, mais, ás veces, cun fondo lixeiramente amargo (por mor a vestixios de glicosinolato: sinigrina e progoitrina).

Historia[editar | editar a fonte]

Esta planta é relativamente recente, xa aparecen descricións da mesma a comezos do século XIX (aproximadamente en 1821) nos arrabaldes de Bruxelas, o nome vulgar era o francés "Choux de Bruxelles".[2]

Usos[editar | editar a fonte]

Prato de coias de Bruxelas con patacas.

Aparece frecuentemente asociada en Europa a pratos invernais, como case todas as coles. Soe prepararse fervida en auga e acompañada, por mor en parte ao seu lixeiro sabor doce, de carnes, afumados, embutidos, etc. Algunhas variedades teñen un lixeiro sabor agre. O xeito no que se deben cociñar as coles de Bruxelas foi orixe dun acalorado debate, xa que existen moitas receitas caseiras que evitan o mal cheiro e que ao mesmo tempo axudan a manter o doce recendo a noces, unha das opcións é a técnica de cociña coñecida como Stir frying. Moitos cociñeiros consideran que a col ten as súas máximas propiedades recendentes e organolépticas a finais do inverno, cando os gomos foros expostos ás xeadas invernais.

O método máis usual para preparar as coles de Brxselas é primeiro facer un par de fendiñas cun coitelo en forma de cruz na base do pedúnculo e posteriormente eliminar, ou pelar, as follas superficiais (ás veces algo descoloridas) que quedan soltas grazas a estas incisións. Existe a crenza popular de que son cortadas con este corte cruzado na súa base para que cozan máis axiña, outros cociñeiros, porén, que así se deixa repartir o recendo da por toda a col durante a coza.

Adoita ser unha gornición ideal diferentes tipos de carne, en algunhas ocasións afumados, como por exemplo: pequenos anacos de xamón, salchichas, etc.

Contido nutritivo[editar | editar a fonte]

A planta contén múltiples cantidades de vitaminas e sales minerais, como por exemplo vitamina C, vitamina B-complexa, betacarotina, ácido fólico e calcio, potasio así coma ferro, soen ser incluídas nas dietas con alto contido de sales minerais e fibra.

100 g de coles de Bruxelas contén:
kcal kJoule Auga Graxa Potasio Calcio Magnesio Vitamina C
36 151 85 g  ? g 387 mg 31 mg 22 mg 112 mg

Fonte: Souci.Fachmann.Kraut 1994

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Termos Esenciais de Botánica, tamén existen os termos dialectais: coubes e coellas de Bruxelas
  2. Brassica oleracea var. gemmifera at the University of Georgia College of Agricultural and Environmental Sciences