Claudia Roden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClaudia Roden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoClaudia Douek
1936 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHampstead Garden Suburb Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadebritánica
EducaciónEscola de Arte de Saint Martin Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritora de libros de cociña e antropóloga cultural
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaul Roden (divorciados)
FillosSimon, Nadia, Anna
PaisCesar Elie Douek  e Nelly Sassoon
IrmánsEllis Douek
Zaki Douek
Premios
Premio Nacional do Libro Xudeu (1997)
Prince Claus Award (1999)
Premio do IACP polo libro The Food of Spain (2011)

IMDB: nm2556892 Discogs: 2091799 Editar o valor em Wikidata

Claudia Roden (Claudia Douek de solteira), nada en 1936 no Cairo, é unha escritora de libros de cociña e e antropóloga cultural británica.[1][2][3][4][5]

É coñecida como autora de libros de cociña do Oriente Medio, entre eles A Book of Middle Eastern Food, The New Book of Middle Eastern Food e Arabesque—Sumptuous Food from Morocco, Turkey and Lebanon.[2][3][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Claudia Roden naceu en 1936 no Cairo, Exipto, filla de Cesar Elie Douek e a súa esposa Nelly Sassoon.[1] Seus pais eran ambos os dous de familias de comerciantes sirio-xudeus, e ela creceu en Zamalek, un acomodado barrio do oeste do Cairo, con dous irmáns, Ellis Douek e Zaki Douek.[7][8] Foi campioa nacional de natación, modalidade de costas, en Exipto á idade de 15 anos.[7]

Formación[editar | editar a fonte]

En 1953 foi estudar a un internado en París, e despois a Londres para estudar na Escola de Arte de Saint Martin.[9][10][7]

Carreira[editar | editar a fonte]

Ademais dos seus numerosos volumes de cociña, Roden tamén traballou como escritora gastronómica e presentadora de programas de cociña para a BBC.

É copresidenta, con Paul Levy, do Simposio de Oxford sobre Alimentos e Cociña. É membro honorario da Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1959 casou con Paul Roden, un importador de roupa, do que se separou despois de 15 anos de matrimonio.[7] Tiveron tres fillos,[7][11] Simon, Nadia e Anna.[12]

Ela vive en Hampstead Garden Suburb, no Gran Londres, desde principios da década de 1970.[11]

Actividades e premios[editar | editar a fonte]

Roden é patrocinadora da organización benéfica contra o VIH, con sede en Londres, The Food Chain (A Cadea de Comida).[13]

En 1999 Claudia Roden foi honrada co "Premio Príncipe Claus" da Fundación Príncie Claus, unha organización internacional de cultura e desenvolvemento con sede en Ámsterdam.

En 1997, Roden recibiu o "Premio Nacional do Libro Xudeu" na categoría de Costumes e Cultura Sefardí e Asquenací polo libro The Book of Jewish Food (O libro da comida xudía).[14]

O seu libro The Food of Spain gañou o premio do Instituto Andaluz de Cualificaciones Profesionales (IACP) na categoría internacional de libros de cociña publicados en 2011.[15]

Relacións con España[editar | editar a fonte]

Roden viaxou a numerosos países para visitar as pegadas dos xudeus, entre eles España. Durante moitos anos, Roden resistiu a ir. «Primeiro de todo, non iría por mor de Franco. Despois, serei sincera, fun como o turista», dixo ela. Foi só cando o seu editor estadounidense lle pediu que escribise sobre a comida do país. O seu extenso novo libro, The Food of Spain, tardou cinco anos en completarse e todos os días estaba facendo novos descubrimentos, dixo. «O que me emocionou é que España non perdeu os seus pratos rexionais»", afirmou. Até a década de 1950, o 80 % da poboación vivía no país. O Instituto catalán de gastronomía envioulle todo o seu arquivo. Había 900 receitas, e iso só nunha rexión. Na súa visita a Asturias, sobre a mesa do seu anfitrión había salmón afumado e unhas tortas holandesas de améndoas que quería que probara, e na ola estábase a cociñar un prato que en Asturias chaman "crema de mazá"; «polo xeral, isto tómase frío; a parte superior está caramelizada, como unha crème brûlée, pero hoxe vai frío, así que a comeremos quente» dixo o anfitrión. Roden, unha persoa cálida e sorrinte con ollos extraordinariamente amendoados, óllame. «É moi reconfortante, non? di, comezando a comer seu prato». A crema de mazá é unha das receitas do libro. Entre outros encóntranse a do polo con mazás e uvas (outro prato asturiano), o arroz con cogomelos, propio de Cataluña e a Comunidade Valenciana, e a torta de Santiago, a torta de améndoas típica de Santiago de Compostela que leva o nome do apóstolo cuxas reliquias se cre que están enterradas na catedral de Santiago de Compostela, en Galicia.[16]

Na súa viaxe a Asturias foi acompañada polo gastrónomo Pepe Iglesias.[17]

O libro The Food of Spain[editar | editar a fonte]

Seu recentemente publicado libro The Food od Spain é enorme, con 608 páxinas, e está ilustrado con fotografías de Jason Lowe, tanto dos pratos como dos lugares onde son típicos eses pratos. Leva un prólogo de Ferran Adrià, cociñeiro que revolucionou o mundo da gastronomía, aínda que o libro está realmente dedicado aos pratos rexionais tradicionais. O tamaño deste libro significa que o ten todo. Ademais das recitas inclúe anécdotas sobre persoas do panorama gastronómico español, chefs e cociñeiros domésticos, cultivadores e produtores grandes, e pequenos campesiños, achegan a súa visión persoal. Por exemplo, nas notas introdutorias á receita de rabo de touro, Roden escribe sobre a receita clásica deste famoso prato, «a forma en que se facía tradicionalmente coas colas de touro que se entregaban como trofeo aos toureiros, e o que se chaman rabos de boi nos Estados Unidos non teñen nada que ver, senón que son as do gando de carne común. Despois dunha cocción longa e lenta, a carne vólvese tenra como a seda, e a salsa é rica e xelatinosa, cos sabores embriagadores achegados polo viño e o brandy: este prato é un luxo». E, antes da receita do gazpacho, di que un seu amigo fai o gazpacho só con tomates, allo, vinagre e aceite de oliva producidos por el, e que fai «grandes cantidades, que verte en botellas de dous litros de refresco para que el, a súa irmá e calquera amigo que estea cerca poidan tomalo en calquera momento do día».[15]

Obras[editar | editar a fonte]

Claudia Roden (dereita) e Paul Levy (centro) entro os relatores do Oxford Symposium on Food and Cookery, 2006

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Claudia Roden | Jewish Women's Archive". Jwa.org. 2009-03-20. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Rachel Cooke (2012-03-18). "Claudia Roden: interview | Life and style | The Observer". London: Guardian. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "YaleNews | Renowned Food Writer Claudia Roden To Serve Up Lecture at Yale". News.yale.edu. 2010-10-12. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  4. Camas, Joanne. "A Conversation with Claudia Roden at". Epicurious.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Activities". Prince Claus Fund. 2011-12-17. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  6. Weigel, David. "Claudia Roden's new cookbook, Arabesque, an excellent primer on the Middle East. - Slate Magazine". Slate.com. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Pownall, Elfreda (13 de xullo de 2014). "Claudia Roden: an interview with the champion of Middle Eastern food". Consultado o 5 de xaneiro de 2021 – vía www.telegraph.co.uk. 
  8. "Jews of Egypt, with Dr Ellis Douek". harif.org. 17 de agosto de 2013. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Ms Claudia Roden, Honorary Fellow, SOAS, University of London Arquivado 08 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.. SOAS.Consultada o 5 de xaneiro de 2021.
  10. Claudia Roden (24-03-2010). "Claudia Roden from HarperCollins Publishers". Harpercollins.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 Lewis, Tim (18 de maio de 2014). "Claudia Roden: 'My kids preferred beans on toast to hummus and pitta'". The Guardian. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  12. Joan Nathan: Claudia Roden en The Encyclopedia of Jewish Women (en inglés).
  13. "our patrons". The Food Chain. 22-02-1999. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  14. "Past Winners". Jewish Book Council (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  15. 15,0 15,1 Janet Mendel (28 de abril de 2012). "Claudia Roden's The Food of Spain". My kitchen in Spain. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  16. Rachel Cooke (18 de marzo de 2012). The Guardian, ed. "Claudia Roden: 'Spain's regional dishes are memories, and people want to hold on to them'". Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  17. Claudia Roden (2011): The Food of Spain. Nova York, NY, USA: Harper Collins Publ. USA. ISBN 978-0-0619-6962-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]