Escola de Arte de Saint Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°30′51″N 0°07′48″O / 51.5142, -0.1299

Escola de Arte de Saint Martin
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

A Escola de Arte de Saint Martin (en inglés Saint Martin's School of Art) foi unha escola de arte de Londres (Reino Unido). Fundada en 1854, nun principio dependente da igrexa de St Martin-in-the-Fields.

En 1986 formou parte da Universidade das Artes de Londres.[1] En 1989 fusionouse coa Escola Central de Arte e Deseño para formar o Central Saint Martins College of Arte and Design.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Saint Martín's School of Art foi fundada en 1854 por Henry Mackenzie, vigairo da igrexa de St Martin-in-the-Fields, independizándose dela en 1859.[3] A escola estaba situada no andar superior de St Martín's Northern School na rúa Shelton (entón chamada Castle), ao norte de Long Acre.[4] Sir John Gilbert foi o primeiro director da escola, seguíndoo no posto en 1870 John Parker.[5]

Desde 1952 até 1979 Frank Martin foi a cabeza visíbel do departamento de escultura de Saint Martin. El foi o responsábel de contratar a xoves escultores como Anthony Caro, Robert Clatworthy, Elisabeth Frink e Eduardo Paolozzi para ensinar, e tamén contratou como profesores a tempo parcial a alumnos acabados de titularse na escola, como David Annesley, Michael Bolus, Phillip King, Tim Scott, Bill Tucker o Isaac Witkin.[2][6][7]

A influencia de Caro foi particularmente grande, e o grupo ao redor del chegou a ser coñecido como a Nova Xeración de escultores británicos. O departamento de escultura converteuse, en palabras de Tim Scott no "máis famoso no mundo da arte".[7]

San Martín converteuse en parte da Universidade das Artes de Londres en 1986,[1] e, en 1989, fusionouse coa Escola Central de Arte e Deseño para formar o Central Saint Martins College of Arte and Design.[2]

A primeira actuación en público dos Sex Pistols tivo lugar na escola o 6 de novembro de 1975.[8]

Alumnos distinguidos[editar | editar a fonte]

Foron alumnos da escola, entre outros, os seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 [s.n.] (August 2012). University of the Arts London (formerly The London Institute) A Brief History Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. University of the Arts London. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Malcolm Le Grice (2011). History Lessons. Frieze Issue 142, Outubro 2011. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  3. Overview: St Martin's School of Art. Oxford Reference. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  4. GB 2753 St Martin's School of Art. AIM25: Archives in London and the M25 area. Data de acceso 6 de xaneiro de 2021.
  5. [s.n.] (1904–1905). Art School Exhibitions. Arts and Crafts: a monthly practical magazine for the studio, the workshop & the home. 1–2. UIN: BLL01002839292. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  6. Robin Greenwood (2007). St. Martin's Sculptors. Poussin Gallery. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  7. 7,0 7,1 Bruce McLean (2 de marzo de 2004). Frank Martin: Visionary teacher who inspired a generation of great British sculptors (obituary). The Guardian. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  8. Rob Sharp (19 de abril de 2008). Central Saint Martins: The art and soul of Britain. The Independent. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  9. Daryl Easlea (2010). Sade Diamond Life Review: The record that graced a million coffee tables still fascinates. BBC Review. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  10. Jonathan Jones (30 de setembro de 2011). Saint Martins emerges blinking in bright new home. But is it art?: King's Cross premises a far cry from Soho 'hell', but some students fear college will have lost its charm. The Guardian. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  11. Tim Adams (27 de xaneiro de 2008). Record painter. The Observer. Coinsultada o 6 de xaneiro de 2021.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Tamsin Blanchard (24 de xuño de 2011). Central Saint Martins fashion college bids farewell to Charing Cross Road. The Daily Telegraph. Arquivada o 10 de xaneiro de 2012.
  13. Ms Claudia Roden, Honorary Fellow, SOAS, University of London Arquivado 08 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.. SOAS. Consultada o 6 de xaneiro de 2021.
  14. Claudia Roden (24-03-2010). "Claudia Roden from HarperCollins Publishers". Harpercollins.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  15. Pownall, Elfreda (13 de xullo de 2014). "Claudia Roden: an interview with the champion of Middle Eastern food". Consultado o 6 de xaneiro de 2021 – vía www.telegraph.co.uk. 
  16. "Pangolin London - Tim Scott". www.pangolinlondon.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]