Gazpacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gazpacho

Gazpacho servido.
Outros nomes Gaspacho
Tipo Sopa
Temperatura Frío
Orixe Andalucía Andalucía
Alentexo, Algarve, Portugal Portugal
Gastronomía Gastronomía de Andalucía
Gastronomía de Portugal
Prato vegano
Ingredientes
Orixe vexetal Tomate
Pemento
Cogombro
Allo
Pan
Condimentos Aceite de oliva
Vinagre
Variantes Ajoblanco
Relacionados
Similares Salmorejo
Ajoblanco

O gazpacho ou gaspacho[1] é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, cogombro e sal, ás veces sos, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).

Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.

Ingredientes para unha variedade de gazpacho.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DICIONARIO DE ALIMENTACIÓN E RESTAURACIÓN". p. 123. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 3 de febreiro de 2015.