Cinamomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinamomo
Detalle dunha póla a rosear
Detalle dunha póla a rosear
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Elaeagnaceae
Xénero: Elaeagnus
Especie: E. angustifolia
Nome binomial
Elaeagnus angustifolia
L.
Árbore do paraíso

O cinamomo[1] ou oliveira do paraíso (Elaeagnus angustifolia) é unha árbore eleagnácea.
Cómpre non confundir esta especie coa caneleira, ás veces tamén denominada cinamomo. A árbore pode acadar ata 10 m de altura, de flores aromáticas, follas estreitas, lanceoladas e abrancazadas, o froito é unha drupa amarela avermellada que serve de alimento a moitas especies de paxaros. Nativa do sueste de Europa e Asia Menor, comezou a se cultivar na Europa Occidental no século XVIII e en América do Norte a fins do século XIX.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

As referencias galegas só recollen como nome vulgar para esta especie o de cinamomo, cómpre, porén, non confundir coas especies do xénero Cinnamomum. Os nomes comúns de árbore do paraíso ou oliveira do paraíso débense moi probabelmente a ser citado na Biblia coma unha árbore que se atopaba no Edén. Oliveira porque as follas aseméllanse ás deste árbore.

Respecto do nome científico, semella que Carl von Linné elixiuno baseándose nas verbas gregas "eleia" (oliveira) e "agnos" (agnocasto ou árbore da castidade, unha planta que se asemella á árbore). Outras fontes aseguran que o nome deriva da mesma palabra grega "eleia" e a tamén grega "gennao" (enxendrar algo semellante), indicando deste xeito á súa semellanza coa oliveira.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É orixinario de Asia occidental e central, desde o sur de Rusia e Casaquistán até Turquía.

Unha das poboacións máis senlleiras é a presente en Valdemoro, no parque denominado "Bolitas del Airón", por ser o único arboredo espontáneo da Península Ibérica.

Propiedades[editar | editar a fonte]

A madeira é considerada de má calidade e sen valor comercial.

Empezou a cultivarse en 1736, en Alemaña. Actualmente, o seu cultivo está moi estendido en Europa central e meridional, polo seu uso ornamental e tamén polas súas flores recendentes e o seu froito comestíbel.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Elaeagnus angustifolia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 121. 1753.[2]

sinonimia
  • Elaeagnus argentea Moench
  • Elaeagnus caspica (Sosn.) Grossh.
  • Elaeagnus dactyliformis Schltdl.
  • Elaeagnus erivanensis Fisch. ex Schltdl.
  • Elaeagnus hortensis M.Bieb.
  • Elaeagnus igda (Servett.) Tzvelev
  • Elaeagnus iliensis (Musch.) Musch.
  • Elaeagnus incana Lam.
  • Elaeagnus inermis Mill.
  • Elaeagnus litoralis (Servett.) Kozlowsk.
  • Elaeagnus longipes var. hortensis (M. Bieb.) Maxim.
  • Elaeagnus moorcroftii Wall. ex Schltdl.
  • Elaeagnus orientalis L.
  • Elaeagnus oxycarpa Schltdl.
  • Elaeagnus oxycarpa var. microcarpa (Servett.) Tzvelev
  • Elaeagnus songarica var. kozlovskajae Tzvelev
  • Elaeagnus songorica (Bernh. ex Schltdl.) Schltdl.
  • Elaeagnus spinosa L.
  • Elaeagnus tifliensis Vis.
  • Elaeagnus tomentosa Moench
  • Elaeagnus turcomanica Kozlowsk.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Único nome vulgar galego recollido en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. "Cinamomo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/11600001. Consultado o 12 de xullo de 2012.
  3. Cinamomo en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Flora of China Editorial Committee. 2007. Fl. China 13: 1–548. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  2. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  3. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cinamomo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cinamomo