Baler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baler é un municipio da provincia de Aurora, nas Filipinas. Conta con 29.923 habitantes repartidos en 13 barangays. Baler é o centro político e comercial de Aurora, e é a cidade natal de Manuel Luis Quezón, o primeiro presidente das Filipinas.

Baler é célebre pola defensa da igrexa feita por un destacamento español durante a guerra hispano-estadounidense de 1898, a resistencia seguiu ata tres meses despois de rematada a guerra. Eses soldados coñecéronse como Os derradeiros de Filipinas nas fontes españolas.