Chico César

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChico César

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Francisco César Gonçalves Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Catolé do Rocha, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións , político , escritor , compositor , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica de vanguarda (pt) Traducir, Vangardas, música popular brasileira, Fusion, Frevo (pt) Traducir, folk, Forró, Reggae e música do Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webchicocesar.com.br Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4302352 Facebook: OficialChicoCesar Twitter: ChicoCesarOf MySpace: chicocesar Last fm: Chico Musicbrainz: 49b6e333-f56f-4da9-944c-15a6deee8ada Songkick: 192084 Discogs: 392926 Allmusic: mn0000110454 Editar o valor em Wikidata

Francisco César Gonçalves, nado en Catolé do Rocha, no 26 de xaneiro de 1964, coñecido polo seu nome artístico Chico César, é un escritor, xornalista, cantante e compositor brasileiro. Colaborou con músicos como o Chico Buarque, Maria Bethânia, Daniela Mercury, Richard Galliano, Sting, Ivan Lins, Uxía Senlle ou Luis Pastor, entre outros.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Chico César naceu no concello de Catolé do Rocha, no interior de Paraíba, e aos dezaseis anos trasladouse a João Pessoa. Licenciouse en xornalismo pola Universidade Federal de Paraíba. Na universidade ingresou no grupo Jaguaribe Carne, onde escribiu poesía de vangarda.

Carreira[editar | editar a fonte]

Xornalista e músico[editar | editar a fonte]

Pouco despois, con 21 anos, trasladouse a São Paulo. Traballando como xornalista e corrector para Editora Abril[2] formouse musicalmente na guitarra clásica (violão).

En 1991, foi convidado a facer unha xira por Alemaña, e o éxito animouno a deixar o xornalismo para dedicarse unicamente á música. Formou a banda Cuscuz Clã e comezou a actuar na discoteca Blen Blen Club de São Paulo. En 1995 publicou o seu primeiro disco Aos Vivos e o seu primeiro libro Cantáteis, cantos elegíacos de amizade (ed. Garamond).

Fíxose coñecido a nivel nacional e internacional en 1996 pola canción "Mama África".[3] O vídeo musical da canción gañou o premio "Melhor Videoclipe de MPB" no MTV Video Music Brasil (VMB) de 1997 e está considerado como un dos referentes de MTV Brasil.[4][5][6]

En 2007, participou na película Paraíba, Meu Amor, do cineasta suízo Jean Robert-Charrue, cuxo tema musical escribiu para a banda sonora.[7][8]

En xaneiro de 2022 publicou un sinxelo con Laila Garin, "Vermelho Esperança", escrito por el e extraído da banda sonora do espectáculo A hora da Estrela – O canto de Macabéa, interpretado en 2020 e inspirado na obra A Hora da Estrela, por Clarice Lispector.[9]

Secretaría de Cultura de Paraíba[editar | editar a fonte]

Chico César tomou posesión como presidente da Fundación Cultural de João Pessoa (Funjope) en maio de 2009. De xaneiro de 2011 até decembro de 2014 foi Secretário de Cultura do Estado de Paraíba.[10]

En Galiza[editar | editar a fonte]

Chico César visitou o país galego en múltiples ocasións. En 2003 compuxo xunto a Uxía o tema "Avenida atlántica" sobre as vivencias do mar e o Prestige, que tocou en Pontevedra.[11] Participou despois en festivais como Cantos na Maré (2014 e 2018)[12] onde cantou coas Tanxugueiras e Kepa Junkera,[13] e Festival Maré (2022) ou as Festas do Apóstolo de Santiago (2019).[14] En 2023 colaborou co proxecto Ponte... nas Ondas! xunto a Ana e Uxía Senlle, Celina da Piedade e Cheny Wa Gune.[15]

En 2008, a súa obra de poesía foi publicada en Galiza, antes do que en Portugal, por Edicións Positivas.[16]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio
  • Aos Vivos (1995)
  • Cuscuz Clã (1996)
  • Beleza Mano (1997)
  • Mama Mundi (1999)
  • Respeitem Meus Cabelos, Brancos (2002)
  • De Uns Tempos pra Cá (2006)
  • Francisco, forró e frevo (2008)
  • Estado de Poesia (2015)
  • O amor é um ato revolucionário (2019)
  • Vestido de Amor (2022)
Composicións para intérpretes
Ano Música Intérprete colección
2005 " Pensar em Voçê" Daniela Mercury Belíssima - Trilha Sonora National e Balé Mulato
1996 "A primeira vista" Daniela Mercury Rei do Gado - Trilha Sonora e Feijão com Arroz

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1996: Gañou o premio Revelación Rexional no Prêmio Sharp polo álbum Cuzcuz Clã;[17][18]
  • 1996: Gañou o premio ao mellor compositor no Best of 1996 da Asociación Paulista de Críticos de Arte polo álbum Cuzcuz Clã ;[19]
  • 1996: Gañou o premio Canción do Ano en Melhores do Year pola canción "À Primeira Vista";[20]
  • 1997: Gañou o premio á Mellor Canción do Troféu Imprensa pola canción "À Primeira Vista";[21]
  • 1997: Gañou o premio ao Mellor Vídeo MPB en MTV Video Music Brasil (VMB) polo videoclip "Mama África";[5]
  • 2016: Nomeada ao premio ao mellor cantante na categoría Pop / ROCK / REGGAE / HIPHOP / FUNK no Premio da Música Brasileira polo álbum Estado de Poesia;[22]
  • 2016: Nomeado ao premio ao mellor libro de poesía no Premio Jabuti polo libro Versos pornográficos.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chico César". Maré Festival. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-29. 
  2. Carlos Alberto Farias de Azevêdo Filho (1º de setembro de 2009). "Leituras de Veja". Arquivado dende o orixinal o 2014-08-08. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  3. Som Brasil (30 de agosto de 2013). "Integrante do movimento nordestino, Chico César interpreta seu sucesso ‘Mama África’". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  4. MZA Music (2009-08-10). Chico César - Mama África. 
  5. 5,0 5,1 "Ganhadores do VMB". 16 de agosto de 1997. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  6. Marcos Lauro (2 de xaneiro de 2016). "28 músicas que completam 20 anos em 2016". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  7. Glauco Araújo (15 de xuño de 2008). "Cineasta suíço mostra documentário sobre forró no Festival de Montreaux". Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  8. Da redación (10 de febreiro de 2008). "«Pirataria não é um problema dos músicos»". Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  9. "Laila Garin volta aos tons intensos de 'Vermelho esperança' em single com Chico César, autor da música". G1 (en portugués). Consultado o 2023-04-29. 
  10. Tiago Dias (30 de junho de 2016). "Chico César fala de corrupção na música, mas diz: "política não é esgoto"". Consultado o 28 de janeiro de 2017. 
  11. "Chico César: «Los conciertos acústicos son un estímulo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-10-30. Consultado o 2023-04-29. 
  12. "O Chico César envía mensaxe en vídeo para as amigas e os amigos de #CantosnaMaré, para os seus "amigos da Galiza"". www.facebook.com. Consultado o 2023-04-29. 
  13. "Chico Cesar & Selma Uamusse & Tanxugueiras & Kepa Junkera & máis ; Cantos na Maré". www.facebook.com. Consultado o 2023-04-29. 
  14. Press, Europa (2022-09-21). "La leyenda de la música brasileña Chico César regresa este jueves a Santiago de la mano del Festival Maré". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 2023-04-29. 
  15. "A PONTE NAS ONDAS - Uxía/Chico César/Celina da Piedade/Cheny Wa Gune". Consultado o 2023-04-29. 
  16. "Vieiros: Galiza Hoxe - A poesía de Chico César, en Positivas". vieiros.com. Consultado o 2023-04-29. 
  17. Walter de Silva. "Prêmio Sharp & Música Regional". Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  18. "Edição 1996". 7 de decembro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  19. "APCA divulga "Os Melhores de 1996"". 11 de decembro de 1996. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  20. "Confira todos os vencedores do Prêmio Globo Melhores do Ano". 11 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2005. Consultado o 29 de abril de 2023. 
  21. "Chico César". 3 de agosto de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  22. "Prêmio da Música Brasileira divulga lista dos indicados de 2016". 17 de maio de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  23. "Chico César é finalista do Prêmio Jabuti". 23 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]